Publicado 10/07/11 Colección de Pregones.Semana Santa 1974 D. Ramón Otero Pedrayo Sexan as miñas primeiras palabras para os do pueblo; sexan as miñas primeiras palabras para agradecer esta concurrencia tan deferente e tan extraordinaria que demostra o interés que ten o noble e fidalgo povo-ciudad de Viveiro por atender aos forasteiros, sobre todo os forasteiros doutra época, ainda que señan os espectros de cimonónicos como o que hoxe ten o honor de dirixirvos a palabra. Realmente eu penso ¿qué falla fai en Viveiro que, chegado o tempo da primaveira, qué falla fai o pregón das festas? Si acaso, o pregón feito por un poeta, por un inspirado, porque o pregón da Semana Santa en unha cidade cristiana e galega como e Viveiro, ese pregón se produce na Naturaleza, se produce nos corazons, se produce en todos os recantos máis fondos do paisaxe, porque agora chega a primaveira. Eu que son un peregrino de tódalas térras de Galicia, que moitas veces teño pasado noites enteiras na costa brava agardando a carón da ermida de Nª Señora da Barca en Muxía a saída do sol para ver como va como brilantes resplandecentes os píncaros das montañas de Bergantiños; eu que teño andado case tódolos mares e tódalas terras de Galicia,Veño eiquí sempre co entusiasmo que provoca calquer recanto de Galicia, sexa unha carballeira rumorosa deses venerables templos dídricos en donde o reverdecer das primaveiras parece que sexa un deses arcos da costa combatidos pola vara tempestuosa cuia sinfonía é verdadeiramente cósmica e maravillosa, sexa un deses pastorales en donde os castros insomnes, obra de arte das nosas antiguas xeneracios, presiden unha paisaxe silencioso e calado, calquera parte de Galicia e para min unha térra santa, é para min unha terra sagrada, porque foi unha terra que se formou ao decorrer dos séculos tamén con "sangre" e con osos e con poeiras de carne dos nosos labregos e dos nos mariñeiros. Por eso, entre tódalas térras de Galica a máis santa de todas é a térra dos sagrarios, a térra dos cemiterios sobre todo deses maravillosos cemiterios rústicos que envolven as belidas igrexas románicas; unha terra que, ao revés doutras terras de Galicia que pagaron sempre foro ao r e i , ao obispo, ao cabildo, ao cabaleiro, ao marqués ou ao fidalgo, a térra dos cemiterios de Galicia "sólo" pagou o foro que debe pagar todo cristiano e todo galego., que e o foro a Deus. Por eso eu digo que o pregón da Semana Santa está en todos os corazós, e máis nos corazós desta ciudade de Viveiro que sempre conserva esta tradición fermosa de celebrar a pasion de Cristo con verdadaira beleza, con dramaturgia(sic), porque a dramaturgia sea tragedia sea comedia é a mais fermosa das artes liberales. Pensade nos tempos antiguos da civilización clásica, pensade na"tragedia' grega. A tragedia grega e a creación mais poderosa máis sutil, máis apaixoada do espirito humano; e representación. Tamen a Semana Santa, como a Santa Misa, e un ha representación dramática, e nesa representación vos poñedes toda a vosa alma todo voso recordo, todo o voso corazón. Estas representacions en outra epoca eran xenerales(sic) á maior parte das cidades e das vilas de Galicia. Na miña patria, Ourense sobre o Miño, recordo sendo neno unha: funciós semellantes ás que van a ser, de que vai ser teatro Viveiro dentro de poucos días. Eu recordo a procesión dos Caladiños, a procesión, as ceremonias conmovedoras e emocionantes do Desenclavo de Cristo, en terra de Cristo, o Sermón das Sete palabras derradeiro. Eu recordo aquel intre en estando toda a praza mayor no momento en que ainda brilan no ceo os derradeiros luceiros da noite, esos luceiros conselleiros, que parecen que son almas que están vixiando para nos, que están mirando para nos, recordo cuando subia S.Juan pola barreira e S. Juan coa sua sonrisa de xoven, inocente, case anxélica, era recibido con un salaio e con unha plausia e con unha alegria, e cuando as tres veces caía Cristo, que subía alí a Dolorosa,cargado co peso da cruz redentora, os salaios das mulleres da aldea que enchian a miles aquela grande plaza, todo eso desapereceu. Hoxe non queda máis que as funciós litúrxicas. Por eso eu felicito desde o cumio ou desde fondo dos meus moitos anos, da miña vella experiencia galega, felicito de todo corazón a esta noble e insigne ciudáde de Viveiro por conservar estas representaciós, que son proba non solamente dunha profunda fe relixiosa, señan tamén dun grande sentimento artístico. Porque elas deben ser coñecidas e plausadas en todo o mundo Todo home e toda muller da cultura levamos dentro de nos un paisaxe da Ática, no paisaxe grego, a valle do A tempe, o paisaxe de Atenas aqueles golfos que parecen esculpidos polo cincel dun escultor maravilloso, aquela gracia das colonias arcádicas donde resonaba a f1auta de Pan, aquela beleza baixo os olivos e os alcipreses onde resona a palabra de Platón, en aquela térra en que se formou a primeira e a única filosofía realmente do mundo. Outros pensan na campiña romana, criados en Virgilio(sic), criados en Horacio, criados nesa éterna tradición clásica que aínda ten seos sumamente ricos para alimentar co seu leite xeneraciós enteiras de estudiosos e pensan na canpiña romana, aquela famosa carta de Chautebriand no 1.800 dirixida a monsier Fontaines describindo a beleza da campiña romana cos seus arcipresteses como fusos que parecen que levaran o tempo, cos seus acueductos rotos que parecen vértebras dun xigantesco animal, coa grande tristeza que seguíu ao grande Imperio Romano. Outros pensan nas grandes campiñas de Castilla, a escola toda de Azorín , a escola toda de Unamuno,' sinten, e eu sinto tamén, unha profunda emoción cuando pensamos na gleba castellana, esa térra de Castilla, como decia Unamuno "Tu me levantas, tierra de Castilla, en la rugosa palma de tu mano Pero a pesar de todo eso, de todos os paisaxes que levamos dentro da alma, e si realmente o paisaxe sedimento é o paisaxe da nosa primeira xuventude, donde fumos creados, donde de nenos andivemos aos nidos e tivemos a primeira sensación de beleza da naturaleza, a primeira sensación da beleza feminina e a primeira sensación e a primeira ins- piracion da poesía, dos ponientes, do setestrelo, etc. esa poesía interferida en todos os cristianos por outro paisaxe, que é o paisaxe da Terra Santa, o paisaxe de Palestina. 0 paisaxe de Palestina non e precisamente un paisaxe maravilloso. un paisaxe mediterráneo case desértico; sí, ten partes mou fermosas: a chanura de Xaner célebre polas suas rosas; os arredores de Jericó(sic) o mismo de Jerusalén(sic) ; e un paisaxe mais ben seco,austero, gracioso, fragante, porque o paisaxe ten tamén fragancia,ten arrecender, e alí arrecende aos arraians (?), aos mirtos, ás adelfas que povoan os cauces fluviales secos durante todo o verán e todo o outono. Ese paisaxe en onde se levantan aqueles grupos de oliveiras antiguas, esa Oliveira Sacra que ten tanta representación e toma aspectos diferentes sequn(sic) o vento, según sea o vento de Herbon ou vento do Mediterráneo, as altas montañas que a circundan, o Herbón coronado de neve moitas veces, o Líbano, célebre polos seus cedros que comparaba sempre Salomón coa altura e a beleza do cedro do Líbano coa sabiduría do home forte e do home sabio, do home que defendía e sabía domear as pasiós. Esa térra e amada por todos nos por que é a térra donde se desenvolveu a pasión de Cristo, e di ante da pasión de Cristo é a térra en donde vivíu o povo de Israel. Claro, o povo de Israel vivíu en outras térras tamen. Oh! Israel peregrinou moitos anos polos desertos de Arabia. 0 povo de Israel vivíu en Exipto. Para nos todos eses nomes dun puzo (?) dun grupo de olivos, dunha pequeña aldea, dunha tumba -as tumbas e os puzos teñen unha importancia moi grande na Xudea e na Transxordania, e naquel lago de Nazaret tan fermoso que en pequeño reproduce tódalas formas, tódalas tempestades/ tódalas ferezas e tódalas tentacios do mar. A tristeza do mar morto, rodeado de térras mal cultivadas donde se producen aquelas zarzas que parecen rosas, que son todas fúnebres e tristes e podridas .Hai infinita literatura arredor deste país. Temos entre os modernos entre os clásicos modernos e sobre todo as páxinas de Chautebrianc as páxinas de Lamartine, pero eu entre tódalas páxinas que describen os santos lugares de artistas, de poetas, de grandes creadores, eu quedóme cunhas páxinas mui sinxelas dun catalán, pero dun gran catalán, de Xacinto Verdaguer, que sendo o creador do único poema épico que se escribiú en España no século XIX, o creador da Atlántida el fixo un viaxe de penitente, que era sacerdote penitente, e pobre nos seus tempos, a Terra Santa, e escribiú nun estilo sinxelo nun estilo casi de estudiante, nun estilo de neno, as suas impresiós de alma candida, de alma aberta a tódalas maravillas de imitación de Cristo , de un estilo sinxelo que chega profundamente á-i-alma. Por eso eu penso que esta térra en donde resonou o longo trono das profecí¬as que venen desde os tempos primeiros de Moisés rolando a través da historia de Israel, as profecías daqueles homes inspirados, como Jeremías , como Isaías, que tiveron a perspectiva de futuro, da creación do home-Dios, de Cristo, que tiveron a perspectiva do nacimento milagroso dunha Virxen, que tiveron a perspectiva do Cristianismo. Todo esto, que dunha maneira compendiada pero dunha maneira ao mismo tempo raiolante e maravillosa, como si es tuvera esculpida non en pedra sinón nunha alborada mañanceira podemola ver no Pórtico da Gloria da nosa catedral de Santiago. Por eso vos digo que este paisaxe o levamos todos dentro de nos e o cultivamos sempre, e este paisaxe é emocionante pra todos e máis en esta época(sic) porque precisamente cando toda a alegría dispois do longo inverno, toda a alegría da naturaleza e dentro das mismas almas nosas volve coa primavera, entón se nos presenta o grande crimen da Historia e a grande xustificación da Historia e a grande nobleza de historia que e a vida e a Pasión de Cristo. Hoxe toda a naturaleza está contenta, hasta os toxos dos montes, estes nosos montes galegos . dícese da montaña que é avara;a montaña galega non é avara,e xenerosa, Hoxe está vestida dun ouro maravilloso dos toxos que foi cantado de unha maneira insuperable polo poeta conocido de todos vos Noriega Várela, o poeta meu amigo nas soledades de Trasalba, o poeta que eu admiro no fondo do corazón sempre, o poeta cuias cinzas para nos casi sagradas están gardadas pola vosa fe, pola vosa simpatía, pola vosa admiración pola vosa cortesía en este cementerio (sic) de Viveiro que domitan extensos e tan fermosos....... En esta primaveria que neste momento está pintando de verde as graves e profundas carballeiras que son como templos (A carballeira e un tempo). Esta carballeira está na primaveira que vai seguindo como dice o Salmo"eteris tamque? dignus? complavitatus sunt?decursus aquarum" e serás -dice-lle ao xusto- a tua alma será como os árbores, os sauces , os salgueiros, que están plantados no decorrer das augas e que son os primeiros en florecer como si foran mismas escumas que ao mismo fuxir das augas o que fixera planta é flor e esperanza; esta primaveira) que enche toda Galicia, igual o recanto dos xardins abandonados dos pazos onde se pasean ainda as sombras dos antergos, nobles e románticos, de outro tempo; mismo as grandes veigas e esas grandes ribeiras de Ourense e de Pontevedra e estas térras do Cantábrico que moitas veces están envoltas nunha neblina, nunha bagaruxada , nunha neboeira como a de hoxe pero que dá un tono particular de beleza, porque esta neblina, esta bagaruxada, esta do Cantábrico vén a ser como un estado de melancolía e o estado de melancolía e un estado en xeneral a situación de melancolía do espirito é máis xenerosa que esa alegría bárbara doutros países suxestionados polo calor extraordinario ou pola grandeza dos hourizontes esta melancolía da néboa fai-nos a todos intimistas, tódalas estacios tódalas sazós do ano teñen a sua beleza, e as sociedades antigás e nobles e fidalgas, criadas na tradición cristiana e na tradición do traballo como é Galicia, entre os pobos hispánicos, ten unha vida adaptada perfectamente a tódalas estacións. Pensade no inverno, o inverno é duro, o inverno é un xigante de mil maus que vai arrincando as follas dos carballos, dos castiñeiros e dos alisos, e deixa sólo(sxc) as ramas esqueléticas que se destacan sobriamente sobre o ceo roxo dos ponientes (sic) . 0 inverno ten en troques noites maravillosas, como decía o citado poeta Verdaguer "a noite non se fixo sólo para durmir; fíxose tamén para soñar e para meditar, e entonces no inverno e cando se acenden na esfera os máis fermosos luceiros, esos luceiros que parecen diamantes, dunha luz maravillosa, da luz astral insoñada e prometida aos que mere¬cen a redención, eses luceiros que alumbráron a meditación dos grandes filósofos e que alumearon tamén a chama da do amor é de entu¬siasmo dos grandes enamorados, que entre os grandes filósofos e os grandes enamorados hai tamén unha grande relación, un gran avencellamento. E temos tamén o tempo de outono, tempo de despedidas. Tense dito que Galicia dixo sempre adeus, Galicia, especialmente os val do Sar e do Ulla que desembocan na ría de Arousa, está plagada de adeuses o adeus de Juan Rodríguez del Padrón que se desprende da Idade Media, que se despide dice adeus á época caballeresca dos torneos e dos grandes reis que cabalga¬ban noite e día pola conquista de Jerusalen ; dice adeus ás damas levantadas dos seus grandes castelos que desde alí recibían o tributo das augas e o tributo dos trovadores; ¡dice adeus a tantas cousas e despois o adeus a nosa Rosalía, a nosa Rosalía que sentiu tan profundamente tódalas virtudes e tódalas dores da sua Terra e tódalas terras; que subiu tantas veces como suben as gaivotas desde o Padrón hasta Santiago o curso do Sar e o volven a baixar, ela tamén,ave dolorida ave dolorosa, ave romántica, ave apasionada de amor por tódolos desgraciados e por tódolos ofendidos subía e baixaba dolorosamente aquela sua via dolorosa imitando a Cristo. Por eso nos pensamos que en momento a máis fermosa das nr primaveiras e precisamente eso, non nos podemos entregar de cheo como se entregaban os paganos a alegría das novas fontes cantareiras, porque hasta a nosa alma, a nosa alma ten tamén moito de paisaxe, a nosa alma é como unha gran montaña, profunda, que nunca chegamos por moito que meditemos en conocer as suas profundidades, e na nosa alma nacen moitos manantiales, nacen sete manantiales, según os místicos. Eses manantiales salen exteriormente ou non salen. Moitas veces salen en forma artística, en forma de vida, e como as augas da térra: unhas veces amanecen á luz do día a través dun chafaris artístico, barroco, traballado como unha flor no claustro dun convento, dun monasterio antiguo ou nun xardín dun pazo, moitas veces salen no medio dun ermo, pero sempre levan a súa voz sana, a súa voz esperanzada, a súa voz fermosa, porque o home debe acostumbrarse a mirar sempre pra seu fondo como si fora un paisaxe en donde ten a redención. Pero precisemente por eso nós sabemos que en esta fermosa primaveira é cando acontece a Pasión de Cristo, e cando se producen as máis grandes inxusticias, é cando o home aparece máis grande e máis miserable, que é pola presencia Home-Dios, pola presencia do único Home-Dios, que polo tanto foi tan home como nos, e polo tanto a Cristo hai que adora-lo e hai que a quere-lo ademáis como amigo !qué grande sentimento é o sentimento da amistade! Decía Cicerón no seu maravilloso libro, consolo de moitos vellos e de moitos teóricos de Amicicia que a amistade é o don fermoso que fixeron os deuses aos homes despois da ciencia. Eu penso que a amistade está aínda enriba da ciencia por esta beleza do don que ten, porque un sabio e un ignorante fan-se íntimos amigos; un sabio , recabada a sua intelixencia por todalas conquistas do espiritu que anhelante de todalas be lezas do pensamento pode ser amigo home completamente ignorante que sólo sepa andar coas vacas ou solo sepa navegar polos mares procelosos. I eso non e posible doutra forma. Por eso nos en este momento chegamos a encontrar-nos con este momento da historia universal que é o máis fermoso ademáis é único, todolos momentos da historia universal que se reproduce en todos nós porque en todos nós hai moito, na nosa vida, sea das que se chaman afortunadas sea das que se chaman vulgarmente desgraciadas, sean que corren detrais do diñeiro, do poder ou sean das que se recatan como as violetas dos xardís, melancólicamente, exhalando o seu perfume delicioso, as divinidades ignoradas sempre temos rastros da Pasión de Cristo, sempre hai un Domingo de Ramos de alegría e de triunfo sempre hai un Viernes Santo , sempre hai un Xuicio, sempre hai unha morte e temos todos a esperanza que nos deixa Cristo pra todos da resurrección. Que era Palestina na época en que aparece Cristo? Estades acostumbrados a estudiar na historia Universal, igua1 que existe a Universal creada polos grandes filósofos da Alemania romántica como Hegen os grandes desenvolvementos dos imperios antiguos (sabedes o desasarollo do Imperio de Egipto , do Imperio de Mesopotamia, do Imperio Romano,e do Imperio Persa). A Palestina é unha térra extraña, e o pueblo xudío era o pueblo máis extraño da Antigüedade, era un pueblo pobre, era un pueblo nómada que despois se fixou por conquista da Palestina, pero era un pueblo que tina unha ambición inmensa porque tiña a confianza, a inmensa confianza, en que era fillo de Deus, era o elexido de Deus. Pero esta elección de Deus non estaba seguida por todo o pueblo, miraba que guiado polos seus profetas era pobre era despreciado, era humillado, non tiña a inmensa riqueza dos Babilonios ou dos do Nínive cos seus enormes palacios, cos seus ríos canalizados, cos seus exércitos crueles e vencedores que recorrían toda Asia Interior, non tiña aqueles "zigurats" ou templos da superficie escalonados, brillantes e pintados coa altura da superficie coa color dun planeta, non había sabido(sic) escrudriñar, sin telescopio naturalmente, sólo cos propios ollos e co propio cálculo natural, había podido escudriñar as profundidades do ceo (o ceo de Mesopotamia un ceo trasparente). Deberían deprender ós caldeos as primeiras nocios dos planetas dos astros, dos sete planetas, das influencias dos planetas e das estrelas sobre o destino e sobre o ser das personas(sic). Non era tampouco como o prodixioso Egipto, a térra máis prodigiosa da Antiguedade, un deserto regado polo Nilo. Cando aparecía a estrela Sotis(?), que é a estrela Sírius que naquela época era branca,despoís co transcurso dos séculos, se puxo roxa , cando aparecía o Nilo e todo Exipto quedaba convertido nunha especie de mar da que sobresalían as cidades. Como dice Herodoto era o mismo que as isla do mar Egeo , as fermosas islas onde viviron os héroes gregos, esas islas que están entre a térra de Asia Menor e a térra de Grecia tendidas como si fora unha gran familia de "fermosos" cantores, por que parece que entonan un canto cos seus nomes arcádicos, cos seus fermosos nomes; esas islas que recorreu Ulises e recorreron tódolos Gregos(Ulises saliu por outras térras tamén), pois en esa térra de Exipto que era rica, que era feraz pero que tiña a preocupación da morte porque así como os exípcios e os babilonios, que estaban en constante relación con Israel, tiñan a preocupación da vida(...) estaban enamorados da vida activa, da vida dramática, da vida triunfadora, crueles, vengativos, guerreiros; os exípcios eran meditativos, eran máis finos, mais cultos, máis corteses, pero a sua preocupación era tamén terrible, era a morte, o terror da morte, o terror da Morte que a todos, sobre todo aos vellos nos envolve si non fora porque hai unha forza que nos inspira confianza, o terror da morte, o terror do non-ser por eso levantaron eses enormes monumentos vaciando inmensas masas de térra, de pedra, que parecen montañas, esas pirámides, eses templos, eses laberintos, esas cidades inmensas con esas portas a Tebas das doce portas que eles cultivaban en cuidado do corpo. Os antiguos que o mismo tempo con tódolos seus destellos de sabiduría Con haber inventado a lógica i a metafísica i a matemática i a astronomía i en xeneral tódalas ciencias e tódalas artes e estaban mui pouco adiantados no conocimento de ultratumba, porque o antiguo fora greqo, fora romano, fora un distinguido grego alumno dos filosofos , alumno da Academia platónica ou alumno do Liceo aristotélico ou fora un do xardin do Epícuro(sic) ou fora doutra escola calquera, o grego cando chegaba ante a morte tremaba tamén, porque dicía"¿qué pasa despois?". Entre os gregos, entre os que chamamos o mundo clásico, que e o mundo que nos educou a todos en Occidente, sobre todo aos que temos xa moitos anos, pois tiña da outra vida despois da morte unha visión muí confusa. Alguns grandes héroes levantados a unha especie de ceo onde estaban en conversación os uns cos outros, por exemplo, Augusto ou Alejandro, os grandes guerreiros e os grandes filósofos, Pitágoras, os creadores de esculturas, os creadores de cidades, pero eran mui poucos, o mismo que os grandes criminales os tremendos asesinos tamen estaban condenados a tremendos tormentos, como Sísifo, como todos eses tan penizados nas obras de arte, da escultura, da arquitectura, da pintura e da poesía grega, da poesía romana. Pero en troques non sabían o que iba a pasar, non tiñan esperanza ningúnha, porque eles non lles collía dentro do seu cerebro matemático, non lles collía o pensamento de que puidera vivir un corpo que viran apodrecer na térra; procuraban evitar o apodrecemento todo o posible pero o corpo apodrece, e despois do apodrecemento, despois deses vermes que comen o corpo da mais fermosa muller, o corpo de finé, o corno da Venus, o corpo de Cleopatra, que o comen e que o devoran, ¿como a alma vai a responder aquela alma que decía o emperador Adriano: "animula válvula blandula unha alma que salía no momento da morte, salía da boca como unha avelaiña fermosa vagando un momento no aire para desaparecer para sempre? Tuvo que ser Cristo, o Home-o que nos trouxera a esperanza, tuvo que ser o amigo de tódolos homes. Por eso muitas veces se pensa ou se pensou en outra época, sobre todo no siglo XVII como unha certa relación entre filosofía antigua, especialmente a filosofía de Séneca, a filosofía estoica, que é unha filosofía de costumbres morales casi relixiosas, mui severas, que S.Pablo, un dos primeiros Apostóles,tuvo esa ilusión. Pero, en fin, en este modo cando dominaba xa todas as culturas antiguas o Imperio Romano extendía por todo o contorno do Mediterraneo , do Mare Nostrum, todas as Peninsulas do Mediterráneo, especialmente a Península Italica e Hispánica, e esa Asia Menor que estaba cuberta de iglesias marvillosas, unha das grandes perdas da civilización (Hoxe pensamos moito na civilización e temblamos que a nosa civilización desaparezca destrozada oor factores misteriosos e potentes que ahora(sic) estan xurdindo por todas partes, pero foi grande perda no principio da Edade Media cando as sete iglesias de Asia e de Efeso, e a de Nicea, a de Calcedonia, aquelas iglesias tan maravillosas fundadas polos apóstoles, a de Antioquia, donde" naceu a palabra Cristianismo como religión , esas ferrosas iglesias apostólicas decoradas maravillas de arte bizantino, cheas de saber para os padres da Iglesia grega en esa lengua maravillosa do evangelio de San Juan ten tamén en grego, como si fora este belido florecer da primaveira (o grego de S. ]uan a diferencia do grego dos outros evangelios ten esa gracia xuvenil, esa gracia e verbo fino de estudiante, chea de luces e de inocencia, como teñen as follas novas das carballeiras da nosa Terra. Pois ben, no medio deste grande Imperio Romano, que merecía disfrutar dunha paz enorme baixo a lei do "líctor" cando os pretores dominaban as provincias, cando o Senado que parece de perfectos menbros, parecía unha asamblea de dioses unha asamblea de reis, dominaba desde Asia hasta os confins do Atlántico, chegaba hasta Galicia, que é o termino da cultura antigua, pero non chegaba a Irlanda donde se conservaba enteira a fogueira da cultura, de esperanza céltica, entonces o pueblo de Israel(...) por medio de espada i por medio da política i por medio das grandes riquezas comerciales como en Alejandría, como en Roma, como en Corinto ciudades ricas, ciudades de placer, ciudades de luxo, ciudades vicio, fantásticas, máis fermosas que as de hoxe, porque a Roma da cadencia era máis fermosa que a Nueva York e que tódalas cidades . Tiña barrios enteiros cubertos de tellas de ouro, que brillaba estrepitosamente aos raios do sol. Pois ben, os hebreos non querían nada deso, querían outra soberanía e isto non o entendían os antiguos. Por eso cando aparece Cristo, como dice Josué, é un momento de paz, un momento en que parece a paz, aquela paz augusta se extende por todo o mundo, e todos conocedes como se produce a Pasión de Cristo todos conocedes, todos levades no voso corazón o nacimento de Cristo, as profecías que o anunciaron, o momento en que aparece, a anunciación, todos eses fermosos misterios que a mellor maneira de sentir a nos é non sólo le-los nos libros ou nos berviarios sagrados, senón segui-la na escultura románica. Houbo unha época da historia de Galicia, foi no sáculo XI e o séculoXII e hasta parte do sáculo XIII, en que os nosos escultores a compás dos nosos poetas e dos nosos campesinos e señores que criaban o romance galego souperon esculpir ñas pequenas iglesias románicas nos claustros nas flor dos capiteles, no fermoso espacio que envolve unha ventana unha fenestra, souperon esculpir todos eses dogmas; seria unha cousa mui boa facer unha S Santa adorando e reflexionando diante das fermosas e bélidas representacións románicas que están en pedra esculpidas pra- sempre nos pórticos ou nos altares ou nos ábsides ou nos capiteles das nosas iglesias rurales e das nosas insignes catedrales , porque esa Galicia leva a palma sobre as outras rexios de España e do mundo. E en ese momento é cuando aparece esta doctrina de Crito onde aparece Cristo todos conocedes a vida de Cristo. A vida de Cristo e emocionante; hai que pensar, aínda que sexa un pouco de ousadía pola miña parte que Cristo era como nos, que Cristo era un home, que Cristo tuvo as pasiós nosas, que Cristo sentiu tentaciós, que Cristo foi tentado polo demo, que Cristo estivo cuarenta días e cuarenta noites no deserto loitando contra o mal. Por eso nos temos ao mismo tempo que, compadecer-nos da nosa situación e orgullecer-nos dela, por o mismo fillo de Deus foi como nos, de maneira que non debemos tampouco deseperarnos cando temos unha caída, cando cometemos un pecado sinon saber restaurar a dignidade moral do noso ser eterno para ser un pouco iguales e ser un pouco dignos da amistade de Cristo, porque ante todo Cristo foi o amigo de todos. Cristo aparece como amigo. Cristo, xa se sabe cando entrou o Domingo de Ramos en xerusalen , o "Dominica palmarum" de tan fermosa ortodosia, de tan fermosos cántico cando o vento do deserto e o vento do Mediterranero se mezclaban pará facer cantar as palmas e as bandeiras e os loureiros que levaban as xentes.e aquel canto de"Hosanna" de liberación ,Crito entrou modestamente sentado nun burriño, como pode entrar un pastor calquera das nosas montañas en Santiago ou en Ourense, ou en calquera cidade. Entón foi aplausado extraordinariamente, pero os xudíos a mayor parte esperaban que ese reí de Israel(.,.) que son cultos de Cristo e dos seus apóstoles e tempo que neste sentido Galicia se levanta das convulsións da historia desta grandeza: que sempre foi o Reino de Cristo Sacramentado, e reino máis antigo do cristianísimo romano na Península, en Europa Occ: e tamen na patria das mais maravillosa poesía lírica, o cristianismo vai ligado á poesía lírica, á poesía lírica máis maravillosa do mundo, porque nin sequera os laquistas ingleses nin os románticos do Rhin, dése fermoso Rhin de Goethe, de Schiller, cantado polos poetas xermanicos e que aínda hoxe parece que arrastra nas suas ondas aínda que están mui contaminadas, as estrofas sonoras dos cantos do Romanticismo alemán, aínda ese romanticismo alemán é mui pouco comparado co canto de Rosalía e co canto dos poetas troveiros galaico- portugueses da Idade Media cando naide pensaba no amor inmortal e na beleza física de muitas cousas eles chegaron modelos insuperables. Por eso digo e teño sostenido como todos que conocen un pouco eu conozco mui pouco, non son erudito nin sabios que conocen un pouco a historia, a filosofía, a moral e a literatura da nosa térra Galicia, a nosa característica é a saudade como os portugueses, despois de todo Portugal e unha prolongación nosa, e nos temos que amar a Portugal, non a esas xeneracións portuguesas máis ou menos democráticas ou aristocráticas, tanto dá, temos que amar ao portugués porque fala a misma lengua nosa, porque foi desarrollada en forma de cultura, pero os galegos- portugueses saben mui ben que a fonte do idioma dos Lusiadas, que e fonte do idioma de Almeida Garret, dos sonetos maravillosos de Anteiro de Quental, esa fonte este en Galicia, está nos montes, nas veiras das costas nas rías, nas costas abruptas de Galicia esa fonte e que eles teñen que vir muitas veces a quebrar a sede dos sei beizos cansados de tanta cultura e tanta civilización moderna, para volver a celebrar cantos constantes. Por eso vos digo eu que non devemos endaxamais pensar que Galicia pode ser máis grande pola civilización material Hoxe pensase moito en fábricas, pénsase moito en industrias. Está mui ben todo eso. Pero respetemos os valores do espíritu, todos os valores inmortais. Que diferencia hai entre un home pobre quee vai vivindo pobremente pola rúas dunha cidade pero que "conozca" o grego, e "conozca" o evangelio e "sepa" falár con Jesús e entenda a "lengua de Aristóteles, entenda a "lengua"dos filósofos i un rico rodeado de comodidades cun talón dun millón de pesetas e con tódalas comodidades que poida pasar o verano na Costa Azul, ou na Costa de Marfil, ou na Costa Blanca de España e todas esas cousas, dése luxo pagano, porque estamos falando , tratando de Cristo e da época de Cristo, da loita entre cristianismo e paganismo, i esa loita está, existe sempre, existe hoxe, existe constantemente existe en España i en todas as naciós do mundo incluso nas novas patrias de África e nos países lonxanos, é existe en nos mismos, que cada home é unha reproducción pequeña, e un microcosmos onde está condensada dunha forma máis ou menos acertada, máis ou menos conseguida, moitas veces mal conseguida outras veces optimamente conseguida, toda a temática nos atrevemos a decir, da historia Universal, é dicir da Creación de Deus, en cada un de nos se desenvolva todos os días posiblemente en todos os minutos das vinte catro horas a loita entre paganismo e cristianismo, e hai que estar sempre, "no" hai que dormirse como os apóstoles, no Horto dos Olivos, no Horto de Getsemaní. Hai que estar sempre advertidos, porque a nosa alma é esperanza, a nosa alma é inmortal, I sabemo-lo mui ben, só os vellos que despois de fracasados os intentos da nosa vida sabemos que o noso camino está pechado polo muro triste do se¬pulcro. Os vellos cristianos apreciamos o sepulcro con medo,si, pero con respeto e hasta con unha certa alegría, porque sabemos que e o mellor de nos, ese algo bo que hai en todo home por mui vil e por mui vicioso que sea, o mellor de nós non pode ser entregado á morte por que temos o testimonio de Cristo, que foi home como nós, e por eso dice S. Pablo, o mellor escritor do mundo, porque non houbo no mundo nin Cervantes,nin Dante, nin Camoens, nin naide que escribirá coa gracia, coa elegancia, coa dicción poderosa(claro que era o Es- píritu Santo quen posiblemente o guiara) que San Pablo de Tarso dice "A resurrección de Cristo o terceiro día daqueles trinta e tres anos tres días da súa vida mortal na térra é a que nos garantiza e nos fai a promesa segura, que non pode mentir, de que nos tamén hemos de resucitar porque dice S . Pablo: Si os filósofos antigos, algúns pensaron na resurrección .Houbo tamén antas de Cristo algunhas mentes excepcionales como a mente de Virgilio, por exemplo, a mente posiblemente de Séneca que pensaron que a alma podía ser inmortal, pero non podían, non tiñan testimonio, que podemos decir " directo" deso, o testimonio da Pasión de Cristo nos enche a todos, por unha parte, de dor,de melancolía, ao ve-lo solo ,ao ve-lo triste, ao ve-lo sin amigos , ao ve-lo vestido dunha maneira cómica, cos farrapos para ser rido, para ser obxecto de burla e de ludibrio polos romanos e polos xudeos en momento da morte, na cruz tremenda, a cruz que nos enseña, a cruz que é, cando se condenaba a cruz era sempre a xentes vitales, a escravos e a vencidos: 0 sacrificio de morte dos ciudadanos romanos e da xente distinguida era a decapitación, por eso hai que per donar-lle tamén a S. Pablo cuando foi condenado a cruz el acordou-se que era ciudadano romano e dixo: "Son ciudadano romano"(Civis román sum") e pediu que lle cortaran a cabeza, en isto se esquenceu tamén da lección do seu Maestro. E tan grande o pundonor e o orgullo dos pobres seres humanos. Por eso vos digo, habitantes, sobre todo a xu ventude e esta florida sociedade femenina de Viveiro que sodes mui felices, sodes mui dignos de gabanza porque sabedes conservar o explendor desa Semana Santa e polas vosas rúas, e sobre o fondo dos vosos maravillosos paisaxes donde nestora a onda primaveral se quebra cun salaio armonioso ñas plaias e nos roquedos, cando florecen os xar dis e florecen as almas dos xóvenes e o amor se encende en todos cando sabedes suspender as vosas alegrías e sabedes chorar e sabedes salaiar e sabedes sobre todo meditar fondamente sobre estes tres días de Pasión, e sabedes leva-lo dramáticamente ás vosas rúas, e chorades coas caídas de Cristo, e chorades con Simón Cireneo que axuda a levar o pesado leño da cruz, e chorades cando Cristo dice: "Ti estarás conmigo esta noite no paraíso”.Esas cosas que parecen sinxelas son obras maestras da ciencia e da arte humana, son a "tragedia" maravillosa que non conseguiron nin os gregos , nin os romanos, nin Shakespeare nin ninguén, e por eso eu vos digo a mi "nueblo" de Viveiro que debéis ser obxecto de envexa, obxecto de admiración e que vos manteñades dentro desta norma que e religiosa que e Cristiana que é gallega e que e a “suma cultura" que pode mostrar un pobo porque pensa na inmortalidade, porque pensa en Deus, porque pensa na páxina máis humana, máis profunda, mais fermosa que pode haber na historia humana e na historia divina. E con esto, e perdoade que vos teña tanto tempo, despido-me de todos porque non poido estar mais tempo con vos, deseando algunha vez se podo volver polos vellos caminos Galicia que tan ben conozco, arrimado no meu báculo, que ten ben pouco de apostólico e si moito de pobre e mendicante, volver cara a vos para recibir o voso saludo e para entrar novamente nesta onda de simpatía, de amor, de elegancia e de fidalguía, de cristianismo en fin, que significa o povo de Viveiro Deo Gratias!.
|