Skip to content

--- Semana Santa Viveiro ---

Semana Santa Viveiro
Imagineros. Leopoldo Rodríguez Rocha (VI)

Publicado el 12/05/11

   Este escultor , natural de Santiago de Compostela, é o encargado de executar as últimas imaxenes adquiridas para a Semana Santa de Viveiro. No ano 2005 realiza  O Cristo Resucitado e no 2006 A Nosa Señora do Camiño da Luz, dúas imaxes destinadas a participar  no nova procesión do Vía Lucis organizada pola Irmandade das Sete Palabras.

  A impronta da tradición manifestase no traballo da imaxinería religiosa que este escultor leva a cabo. É neto de Angel Rodríguez Moure, artista que formara parte xunto con José Puente Otero a Sociedade Rodriguez Puente Imagineria  de Santiago de Compostela. A sua formación corre a cargo do seu avó, quen lle revela os secretos necesarios para alcanzar  o dominio das técnicas da policromia e de restauración, sen embargo Leopoldo declárase autodidacta no ambito que atañe á fase de execución ou talla das imaxes. Actualmente ten estableciodo o seu Obradoiro na rúa do Rosario.

   Este ano 2008 rematou a figura dun anxo, que xunto ás imaxes dos dous romanos que esculpeu no 2007, contibuira a ensalzar o seu Cristo Resucitado, facéndose cargo dete xeito da creación integra dun novo grupo escultorico composto por catro imaxes disposto a enriquecer o repertorio dos pasos procesionais da Semana Santa de Viveiro

Fuente: Artículo del Libro Pregón 2008 "Os mestres Imaxineiros da Semana Santa De Viveiro"

Autora: Diana Rodríguez Rodríguez

 
Articulos Periodisticos. Hemeroteca 2011. Heraldo de Vivero 15-04-11 (I)

Publicado el 11/05/2011

LOS DIAS DE LA SEMANA SANTA

Jornadas de hondo significado

         Desde este mismo fin de semana , con la procesión de los Dolores y el pregón de mañana, y hasta que el domingo de resurrección repiquen las campanas  de  gloria, estos días cambian nuestro vivir diario con la celebración de la Semana Santa. Entre medias  los  actos litúrgicos de profundo fervor, que hoy ocupan practicamente los siete días de la semana.

        La Semana Santa trae a Viveiro un ambiente especial que cambia su ritmo diario. Solo basta fijarse en la atención que desde el Concello se le presta  en estos  previos a la limpieza de fachadas, arreglo de calles, cuidado de jardines y limpieza de canterias. Un exponente de la importancia que para Viveiro tienen estas jornadas. Para su vida comercial y familiar. en el ambiente profano y religioso, desde la devoción al ocio.

        Pero dentro de todo lo que son los cinetos de visitantes que acuden a Viveiro, como ocurre en la fiestas de agosto, nuestra Semana Santa significa el encuentro para muchos vivarienses que tienen que vivir alejados de su ciudad durante  todo el año. Ello forma parte del hondo significado que nos gusta destacar y transciende a muchos aspectos de la vida social, impregnada de la personalidad propia e individualizadora en nuestras tradicioens profundas, populares y religiosas.

      En la próxima semana, el Heraldo estrá listo para salir el viernes, aunque no llevará la crónica completa de todos  los actos que se celebraran, ni de todas las procesiones, y no estará en los domicilios hasta  el lunes próximo. Ya en el numero del 29 de Abril, como cada año daremos cuenta de todo cuanto suceda, en estas  fechas de tanta importancia para lo vivariense y que se viven  con tanta intensidad.

 
Ampliación de la Hemeroteca del 2011

Publicado el 11/05/2011

   Queremos informarles  que no estabamos satisfechos, desde el punto de vista del contenido de la web, cuando en la colección de Artículos Periodísticos incluyeramos solamente los de La Voz de Galicia y El Progreso. Desde hoy, y en varios días vamos a publicar los articulos que le atañen a la Semana Santa, y que se han publicado en el Heraldo de Vivero.

  Desde aquí queremos agracer a la redacción del Heraldo  de Viveiro que nos hayan prestado la colaboración necesaria para que esto se pueda llevar a cabo. Gracias.

 
Imagineros.Juan Luis Otero Fernández (V)

Publicado el 10/05/11

  Hijo del proyectista y decorador José Otero Gorita (1889-1969) que realizó las andas de la mayor parte de los pasos  de la Semana Santa vivariense habiendo trabajado en Santiago con Rivas y Magariños, a Otero Gorita se le encargó la ejecución del altar de la Iglesia de las Concepcionistas de Viveiro y a partir de ahí se quedo en esta villa decorando las imagenes enviadas  por Rivas. En 1930 abre el taller de Viveiro en los Claustros de San Francisco,lugar en donde se formará su hijo.

  Este escultor restauró y reformo algunas de las imagenes de la Semana Santa Vivariense, concretamente en 1965 hace el rostro de Jesucristo en el paso de la Cruz a Cuestas, conservandose el rostro primitivo en la Orden Tercera y en 1977 realiza el Angel que acompaña al Cristo en el paso de la Oración en el Huerto.

Fuente: La Imaginería Religiosa de la Semana Santa de Viveiro

Autora: Mª Begoña Fernández García

 
Imagineros. Modesto Quilis y Jose Tena (IV parte II)

    Publicado el 9/05/2011

       La publicación de este articulo, cuya autoria es de Carlos Nuevo Cal y se ha publicado en el libro pregón del año 2008, nos aporta datos veraces tanto de los imagineros valencianos Jose Tena y Modesto Quilis como de sus  imagenes.

 

NO CENTENARIO DA ESTREA DAS IMAXES DO "CRISTO XACENTE","MARIA AO PE DA CRUZ" E A " FLAXEACION" (1908-2008)

Carlos Nuevo Cal  Cronista Oficial de Viveiro   

     A D R A L:              

     Na revista PREGÓN do pasado 2007, faciamos referencia á crise experimentada na Semana Santa de Viveiro durante o período de 1888 a 1898. Coa entrada no século XX produciríase a recuperación e consolidación desta celebración, proceso que se manifesta, entre outros aspectos, na adquisición de novas imaxes e pasos procesionais.

      O PRESBÍTERO MANUEL FERNÁNDEZ CAO, IMPULSOR DA PROCESIÓN DO “SANTO ENTERRO”. 

     O día que se faga un estudo pormenorizado sobre a Semana Santa local haberá que analizar polo miúdo o grande labor desenrolado polo Coadxutor viveirés Manuel Fernández Cao, “Manuel de Eduardo”, popular e singular personaxe que pasaba a maior parte do ano soñando e pensando na maneira de realzar cada vez máis o esplendor da procesión do “Santo Enterro”. Á súa exclusiva “iniciativa, dinamismo e ingerencia oportuna o inoportuna”, en palabras de José Pérez Barreiro (XYZ)1, debe Viveiro os maiores aportes a devandita procesión.

      Manuel Fernández Cao naceu na vila de Viveiro o 21 de maio de 1852, no seo dunha familia acomodada, composta polo matrimonio formado por Eduardo Fernández Regal e María Cao Vigo, naturais ambos da parroquia de Santa María do Campo. Ademais do noso protagonista, o matrimonio tivera outra filla chamada Ramona, que casara co banqueiro e comerciante local Domingo Franco. 

      O xove Fernández Cao fixo os estudios eclesiásticos no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo, desempeñando posteriormente as coadxutorías de San Vicente de Lagoa, Santa María de Suegos e San Pedro de Mosende. A partir de 1898 volveu novamente a súa cidade natal, como Capelán Coadxutor da igrexade Santa María do Campo, encargándose tamén de xeito vitalicio da Vicaría da Confraría do Stmo. Rosario. En Viveiro destacaría axiña polo seu carácter afábel e comunicativo, sendo usual o seu concurso na maioría dos actos relixiosos e musicais. Con frecuencia cantaba en todo tipo de funcións relixiosas ou mesmo nas procesións. Ademais, encargábase anualmente da montaxe do “Nacemento” que se instalaba na parroquial de Santa María, destacando sempre polo seu gusto estético artístico, como poñía demanifesto o cronista de El Vivariense: 

       Llama la atención del público el “Nacimiento” que se exhibe en Santa María, obra del virtuoso presbítero, coadjutorde esta parroquia, D. Manuel FernándezCao Dado el gusto artístico de nuestro amigo, no es de extrañar que pudiese simbolizartan á lo vivo la escena del portal de Belén. Le felicitamos sinceramente y no nos cansamos de encomiar la acertada distribución de los pastores y demás figuras, que ofrecen, entre el musgo, una magnífica perspectiva. 

       Non obstante, onde o noso protagonista tería ocasión de despregar na súa totalidade os seus particulares gustos e criterios estéticos sería na reorganización da Confraría do Rosario e na constante renovación da Procesión do “Santo Enterro”, como iremos vendo. 

A CONFRARÍA DO ROSARIO TOMA A INICIATIVA: O “CRISTO XACENTE” E “MARÍA AO PE DA CRUZ”.    

         En 1907, coincidindo cun forte incremento do anticlericalismo republicano e obreiro manifestado a nivel local a través dos semanarios El Vivariense (2ª época, 1906-1915) e Germinal (1907) e perante o decaemento que experimentaban algunhas confrarías tradicionais, como a do Rosario, o entón párroco de Santa María do Campo, o vilalbés, Antonio Nieto Prieto, e o presbítero e vicario da mencionada irmandade, Manuel Fernández Cao, fixeron diversos chamamentos públicos para incrementar o número de confrades, como podemos comprobar a través da seguinte referencia do semanario local El Eco de Vivero3: 

3 Cf. El Eco de Vivero, n.º 996, 12 outubro de 1907 

        El celoso y dignísimo Párroco de Sta. María, Don Antonio Nieto, ha hecho repetidos llamamientos al pueblo de Vivero, tan devoto de la Virgen Santísima, para que acuda á inscribirse en la Cofradía del Smo. Rosario, una de las pías Asociacionesque más esplendor é importancia han alcanzado en este pueblo, y que hoy cuenta con escasísimo número de Cofrades.

        De desear es que la piadosa excitación del Sr. Nieto surta buen efecto en el ánimo de los vivarienses, y que de nuevo recobre entre nosotros su antigua importancia la Hermandad del Santísimo Rosario, tan enriquecida de indulgencias por los Sumos Pontífices.

       Las personas que deseen inscribirse, pueden avisar al citado Sr.Cura ó al Pbro. D. Manuel Fernández Cao, Vicario de la dicha     Cofradía, siendo obligación de cada una dar dos libras de cera y dos reales cada año3. 

      Aínda que a resposta aos chamamentos realizados foi realmente escasa, no  relativo ao incremento de novos confrades, a tenacidade e empeño persoal de Fernández Cao servirían para levar adiante un dos proxectos máis ambiciosos da Semana Santa viveiresa. Diante da falla de recursos para acadar a compra de novas imaxes, “Manuel de Eduardo” comezaría unha ilusionante labor para tratar de conseguir a substitución da vella e popular imaxe articulada do “Santo Cristo Xacente” do “Santo Enterro”, pertencente aos dominicos, polo actual “Cristo Xacente” de José Tena. 

  

Cristo Xacente, obra do escultor valenciano José Tena. Tivo un custe de 2.750 reais.As andas e os portes ascenderon a 860 e 183 reais, respectivamente..

       Non temos datos sobre como foi o proceso de elección e encargo da nova imaxe ao escultor valenciano José Tena, por non atoparse, a día de hoxe, o “Libro de Actas” da Confraría do Rosario na parroquial de Santa María, segundo nos ten manifestado amablemente o párroco Dn. Luis Fole Freire. Ademais, tampouco existen demasiadas referencias sobre o escultor José Tena, aínda que semella ter sido un artista de certa sona e relativo éxito popular, pois a súa obra atópase repartida por diferentesPoboacións españolas. 

        Así e todo, resulta curioso comprobar como todas as imaxes encargadas desde Viveiro neste ano fixéronse en dous talleres diferentes de Valencia, o do amentado Tena e o de Modesto Quilis Castillo. Aínda que os motivos dos encargos resúltannos descoñecidos, si podemos afirmar a posíbel existencia de distintos contactos a través dalgunha familia de orixe valenciano, establecida en Viveiro, ou mesmo por relacións comerciais, pois eran varias as casas de asentadores salazoneiros de Almería e  Alacant que mantiñan fluídas relación comerciais coa nosa localidade. Así, o mesmo cuñado de Manuel Fernández Cao, Domingo Franco, representante de banca, comerciante e fomentador de pesca, era tamén o consignatario na localidade da compañía de vapores regulares “Ibarra”, sociedade que facía semanalmente a ruta a Valencia, con escala fixa. Todas estas circunstancias ben puideron ter axudado á elección dos imaxineiros valencianos para a realización das novas imaxes. 

       A primeira iniciativa económica que tomou Fernández Cao para a consecución do seu proxecto consistiu en mercar un billete de lotaría para o Nadal de 1907, feito que repetiu ao ano seguinte co número 24.456, ofrecendo participacións a todas as persoas que o desexasen e deixando un real de beneficio para a Confraría do Rosario por cada fracción de peseta. Coa entrada do novo ano, o noso protagonista continuou con celeridade as xestións iniciadas para o remate do “paso” escultórico, como confirmaba El Eco de Vivero do 25 de xaneiro de 1908: 

       El celosísimo Vicariode la Hermandad del Stmo. Rosario, Pbro. D. Manuel Fernández Cao, continuando en su entusiasmo laudabilísimo por revestir del mayor esplendor posible los actos religiosos de Semana Santa que la dicha Cofradía desde muy antiguo acostumbra celebrar, aun sin aguardar á que los donativos solicitados –que creemos no le faltarán- llegasen á su poder, ha encargado á uno de los más afamados escultores de España una preciosa imagen de Jesucristo yacente, para la procesión del Santo Entierro que llamará poderosamente la atención y será una adquisición magnífica que todo el pueblo ha de ver con gusto y gratitud. 

 María ao pé da Cruz, Fermosa fotografía de José Insua (“Pepe da Mota”) correspondente ao ano da inauguración da imaxe.  

      Mentres, dende a cidade do Turia, o escultor José Tena apuraba tamén o remate da imaxe, que a principios de febreiro de 1908 estaba xa moi adiantada e próxima á entrega. Atrás fi caban longas horas de bocexos e minuciosos estudos anatómicos que o artista realizou ao natural cos cadáveres depositados no Hospital de Valencia, para poder axustarse ao máximo ás indicacións veristas que dende Viveiro lle fi xera, por vía epistolar, Fernández Cao. Como é ben sabido, a imaxe do escultor valenciano, que está realizada en madeira policromada, amosase recostada no sepulcro, sobre unha rocha cuberta cun pano branco, a xeito de leito, o que axuda a realzar o realismo do corpo inerte e semifl exionado. 

        O tesón do Vicario da Confraría do Stmo. Rosario axiña logrou contaxiar ao comerciante José Pérez Menor e a súa dona Carmen Llotse Telle, que fi nalmente tamén se decidirían a encargar unha nova imaxe para a procesión do “Santo Enterro”, neste caso ao tamén escultor valenciano, Modesto Quilis. Vexamos como adiantaba a noticia no seu momento o semanario El Eco de Vivero: 

       Hoy podemos notificar en fi rme, que nuestro estimado amigo D. José Pérez Menor y su distinguida esposa se han propuesto regalar á la parroquial de Santa María de esta ciudad una preciosa efigie, en talla de la Virgen de los Dolores, que está construyendo el notable escultor D. Modesto Quilis. Por su actitud de suprema angustia, y por lo bien entendido de todos los detalles, á juzgar por una fotografía que suponemos será perfectamente interpretada, será esta imagen de la Virgen unrecuerdo magníf co que la piedad de los Sres. Pérez Menor y su cariño a Vivero legan á esta población, que sabrá agradecerles tal valiosa prueba de afecto. Por nuestra parte les felicitamos cordialísimamente por su acierto y generosidad4. 

4 Cf. El Eco de Vivero, n.º 1.012, 1 febreiro de 1908 

      Dada a proximidade da celebración da Semana Santa, os artistas José Tena e Modesto Quilis remitiron por barco á Coruña as imaxes esculpidas por cada un deles: os dous Cristos (o “Xacente” e a “Flaxelación”), por parte do primeiro, e a “Virxe Dolorosa”, por parte do segundo. 

       A “VENERABLE ORDEN TERCEIRA” ESTREA A “FLAXELACIÓN” OU “CRISTO DA COLUMNA”. 

       Se ben foi a Confraría do Rosario a que máis incrementou en 1908 o seu acervo de imaxes coa adquisición do “Cristo Xacente e de “María ao pé da Cruz”para a súa procesión do “Santo Enterro”, tamén na parroquia de Santiago-San Francisco a “Terceira Orde” tomou ese mesmo ano a decisión de celebrar o primeiro centenario do paso dos “Apóstolos” (realizado en 1808 polo artista Sarmiento, de San Cibrao) coa estrea dunha nova imaxe de José Tena: “A Flaxelación”, coñecida popularmente como o “Cristo da Columna”.

       A nova talla mercouse logo dunha colecta realizada a nivel popular entre todos os viveireses. Para levar a cabo a recadación, a V.O.T. constituíu tres comisións ou seccións, integradas por un amplo número de “señoritas”, que se encargaron de postular polas distintas parroquias. Esas seccións fi caron constituídas do seguinte xeito:

        *Sección 1ª, formada por: Josefa e Teodomira Peña Fernández, Mercedes Río Villanueva, Asunción, Matilde e Encarnación Fernández González, Piedad López Muñoz e María Rodríguez Rodríguez . Reuniu un total de 194,65 pesetas.

       *Sección 2ª, constituída por: Carmen Blanco Martínez, Alicia Fernández Castiñeiras, Elena Rei Fernández, Lola e Paca Cociña Castiñeiras, Pilar del Río Cotilla. Recadou 305,50 ptas. As compoñentes desta sección deron públicas e expresivas grazas á Compañía Mineira da Silvarosa polo donativo de 100 pesetas.

       *Sección 3ª, composta por. Lola, Rosario, Anita e Rafaela Fernández Sampedro, Rosa e Marina Sampedro del Valle, Concha e Pepita Villar Villar e Lola Pernas Corral. Xuntou un total de 102, 85 pesetas. 

       .Entre as tres seccións ou comisións recadáronse un total de 603 pesetas, que foron investidas do seguinte xeito, segundo nota facilitada polo Ministro da V.O.T., o Presbítero D. Luis Núñez: 568 pesetas pagadas ao escultor Tena; 26, 15 pesetas ao Sr Longueira da Coruña (consignatario do barco en que se trasladou a imaxe dende Valencia), 3 pesetas pagadas aos mozos do vapor por conducir a imaxe ata a “Terceira Orde”, 6 pesetas que fican de benefi cio para a Irmandade. 

       A imaxe da “Flaxelación”ou do “Cristo da Columna”, como se coñece popularmente, é de madeira policromada. Mostra a Xesús atado a unha columna co corpo en tensión, ladeado e espido totalmente, excepto as partes púdicas, que aparecen cubertas cun pano de pureza, formado por sinxelos pregues. O escultor José Tena realizou, sen dúbida, minuciosos estudos anatómicos para acertar na composición da peza e recorreu, ademais, a diferentes efectos que contribuísen a darlleun maior verismo á imaxe como colocarle ollos de cristal e dentes de pasta ou deixarlle a boca entreaberta, entre outros. 

       AS NOVIDADES CHEGARON DE VALENCIA. 

       A arribada das imaxes a Viveiro, a finais do mes de marzo de 1908, converteuse en todo un acontecemento para a localidade, sendo moitos os viveireses que non quixeron perder a oportunidade de ver as novas tallas mesmo antes dos propios desfiles procesionais, aproveitando o costume de expoñelas logo de bendicilas: 

       Es un jubileo estos días la casa del Presbítero D. Manuel Fernández Cao. Puede decirse que todo Vivero pasó por allí para contemplar y admirar la magnífi ca efi gie del Cristo yacente, adquirido para la procesión del Santo Entierro.

        Y todas las innumerables personas que la han visto han quedado admiradas. Y cuanta mayor es la ilustración de los visitantes, más entusiasta son los elogios que á la obra tan primorosa dedican5. 

       Sen dúbida, a enorme curiosidade dos viveireses por ver canto antes as imaxes motivou que os redactores dos dous semanarios locais existentes na altura, El Vivariense e El Eco de Vivero, rivalizasen á hora de informar sobre a calidade artística e o privilexio de observar en directo as obras escultóricas. Véxase, a este respecto, o seguinte texto de El Eco de Vivero, correspondente ao 4 de abril de 1908

  

A Flaxelación ou “Cristo da columna”, obra de José Tena, en fotografía de José Insua datada o 30 de decembro de 1914

5 Cf. El Eco de Vivero, n.º 1.021, 4 abril de 1908.  

       Ignoramos quien será el críticoartístico de El Vivariense; desde luego afirmamos que es digno socio de su crítico literario. Habla de una efigie del Señor atado á la columna –hermosa, según los que la han visto, púes nosotros no fuimos de los agraciados-, que erradamente supone “adquirida por la V.O.T.”, cuando debiera decir, para ajustarse á la verdad: adquirida para la V.O.T.; y de élla dice que es superior á la del Cristo yacente. Ambas son obra del mismo artista, el valenciano Sr. Tena, y sobre gustos no se discute; pero lo que acredita la agudeza del crítico es que las compara y emite juicio sin haber visto ninguna de las dos efi - gies, como él mismo confiesa. ¡ Si tendrá olfato e intuición artística el mozuelo! . 

       O recibimento que lle fi xeron os veciños da localidade á imaxe de “María ao pé da Cruz” non foi menos emotivo, sendo moitas as g avanzas realizadas aos membros da familia Pérez Menor por ter enriquecido de xeito tan patente a Semana Santa local. As crónicas da época contábanolo así:  

       Se ha recibido ya la escultura representativa de la Dolorosa al pié de la Cruz, piadoso regalo de nuestro amigo D. José Pérez Menor y su virtuosa esposa á la iglesia de Santa María. Es obra del notable artista Sr. Quilis.Aun no hemos tenido el gusto de verla, pero según referencias de personas competentes, es una obra admirable y detalladísima, que será digna pareja del Cristo yacente en la procesión del Santo Entierro. Felicitamos á los Sres. Pérez Menor por haber enriquecido á Vivero con tan primorosa obra de arte que acredita su amor al pueblo y su religiosidad6. 

6 Ibidem 

        A imaxe de “María ao pé da Cruz”, realizada en madeira policromada e estofada, preséntanos á Virxe axeonllada, xunto á cruz, coa cabeza e o corpo inclinado cara á dereita, cos brazos cruzados á altura do peito. A beleza da súa faciana refl icte unha expresión doce e mesmo melancólica, que semella transmitirnos un profundo sentimento de dor contida. As súas vestimentas compóñense dun vestido rosado e un manto coas beiras engalanadas con fi ligranas douradas. Coróase cun sinxelo nimbo e media ducia de estrelas de seis puntas. 

        O GRANDE ÉXITO DA SEMANA SANTA DE 1908. 

       A edición de 1908 foi, sen dúbida, unha das máis novidosas, exitosas e ilusionantes da historia miúda da Semana Santa viveiresa, por máis que supuxese un importantísimo esforzo económico para á época. Sabemos, grazas ao Libro deContas da Confraría do Rosario de Santa María do Campo, que os ingresos dese ano acadaron un total de: 6.300 pesetas e 37 céntimos, isto é, triplicaron os dos anos anteriores e tamén os dos inmediatos posteriores, marcando así todo un fi to nas recadacións da Semana Maior.

        Os desfi les procesionais da Semana Santa de 1908 pecháronse o Domingo de Pascua coa celebración da misa solemne na parroquia de Santa María, representándose, no adro da igrexa, antes da Misa, o “Encontro” da Virxe co seu Fillo resucitado, como describe a crónica de El Eco de Vivero:

        El domingo pasado se celebró, en la parroquial de Sta. María, la acostumbrada solemnidad de la Resurrección del Señor, tradicional en la Cofradía del Santísimo Rosario. Con ella han recibido complemento las festividades de la Semana Mayor. Después del Encuentro glorioso de María con su Hijo resucitado, principio la misa –que fue magistralmente cantada por los Pbros. D. José F. Fernández y D. Manuel Fernández Cao, acompañando delicadamente en el armonium la distinguida Srta. LolaF. Sampedro- , predicando un oportuno sermón de prácticas enseñanzas el R.P. Serafín de la Concepción7. 7 Cf. El Eco de Vivero, n.º 1.024, 25 abril de 1908. 

        A principios do mes de maio colocaríanse na Igrexa de Santa María para a veneración pública as as imaxes do “Cristo Xacente” e a “Dolorosa ao pé da Cruz”: 

       El miércoles quedaron defi nitivamente colocadas en el altar que para éllas se arregló, las preciosísimas efigies de la Dolorosa al pie de la Cruz, regalada por los Sres. de Pérez Menor, y el Cristo yacente, adquirido por laudable iniciativa del digno Vicario de la Cofradía del Rosario, Pbro. D. Manuel Fernández Cao.

       Buen acuerdo fué exponer á la pública veneración esas dos imágenes bellísimas, pues, aparte de su gran mérito artístico, inspiran verdadera devoción. Con ellas, el antiguo templo parroquial de Sta. María del Campo ha aumentado el catálogo de sus obras de arte, mereciendo cada vez más la visita de las personas inteligentes. 8 Cf. El Eco de Vivero, n.º 1.027, 16 maio de 1908.  

       Aínda non ben rematara o verán, “Manuel de Eduardo”, retomaba novamente a venda de lotería para a adquisición de novas imaxes e a renovación da procesión do “Santo Enterro” de 1909:

        (...) Al efecto, y como continuación de los brillantes trabajos realizadosen el presente año, propónese para el próximo la adquisición de nuevas imágenes para aumentar el ya precioso caudal de estatutaria religiosa que la Cofradía posee. Con objeto de allegar los necesarios recuerdos para el logro de tan plausibles fi nes, ha adquirido dicho Sr. dos billetes del sorteo de Navidad en los que admite participaciones, cobrando la modesta príma de un real por peseta. Lo que por este medio se recaude, unido á las limosnas voluntarias de los fieles, permitirá al digno y celosísimo Vicario realizar sus más fervientes aspiraciones encaminadas á promover el mayor esplendor de culto, y á la exaltación del justo renombre del pueblo vivariense, famoso ya por sus procesiones de Semana Santa, sin rival en ningún otro pueblo deGalicia9. 9 Cf. El Eco de Vivero, n.º 1.044, 12 setembro de 1908.  

            OS DERRADEIROS ESFORZOS DE FERNANDEZ CAO. 

         O impulso e entrega do presbítero Manuel Fernández Cao continuaría ata a celebración da Semana Santa de 1919, pois finaría o día 20 de febreiro de 1920. Durante os anos posteriores a 1908 que precederon ao seu pasamento, o noso protagonista engadiría dúas novas imaxes de José Tena á “súa” estimadísima procesión do “Santo Enterro”: o “San Xoán”(1909), mercado por subscrición popular, e a “María Magdalena” (1916), regalada pola freguesa Esperanza Fernández Mosteiro de Dopico.

        Sen dúbida, os autos pasionais de hai agora un século marcaron un salto cuantitativo e cualitativo na proxección da Semana Santa viveiresa.As novas imaxes estreadas en 1908 viñeron a complementar as existentes e supuxeron una importante renovación da imaxinería local. A isto hai que sumar o crecente luxo con que se renovan e acompañaron outros elementos procesionais,polo xeral doazóns dalgún devoto ou devota: insignias da paixón en ébano, prata,esmaltes e sobredourados; alfaias; mantos; vestidos primorosamente bordados; estandartes; andas, etc.

     Agora ben, non debemos esquecer que durante os anos vinte e trinta do pasado século a Semana Santa de Viveiro, aínda sendo una das máis importantes da provincia, non acadara aínda, nin moito menos, a proxección e espectacularidade actuais. Pensemos que neses tempos as andas eran máis pequenas e tiñan menos peso, polo que podían ser portadas por un reducido número de levadores(artesáns, mariñeiros, acólitos ou mesmo clérigos). Ademais, as procesións estaban moi condicionadas pola propiaestreiteza das rúas medievais da vila, pois aínda que xa existía o malecón, haberá que agardar ata mediados dos anos corenta para ver os desfi les na Travesía..

 

 
<< Inicio < Prev 461 462 463 464 465 466 467 468 469 470 Próximo > Fin >>

Página 467 de 508

CARTEL 2024

Libro de Actos 2024

Libro Pregón 2024

Pregon 2024

Semana Santa Nenos 2024

Actos Liturgicos 2024

Adral 2024

Adral 2024. Las huellas nunca borradas

Adral 2024 Renata y Leopoldo Valeivan

El Sentimiento de un Pueblo

SSV 2023 Viernes de Dolores

SSV 2023 Caladiños

SSV 2023 Via Crucis Hombres

SSV 2023 El Encuentro

SSV 2023 Santo Entierro

SSV 2023 La Cena

SSV 2023 Esperanza

SSV 2023 Viacrucis Mujeres

SSV 2023 Resurreccion

SSV 2023 La Borriquita

SSV 2023 Misericordia

SSV 2023 La Pasión

SSV 2023 Via Lucis

SSV 2023.Desenclavo

SSV 2023 El Frances

SSV 2023. Prendimiento

Historia dunha Paixon

Antesala dun Museo

Visitas Antesala 2021

Vivela 2021 P Via Lucis

Vivela 2021 Via Lucis

Vivela 2021 Encuentro Resur.

Vivela 2021 Resurreccion

Vivela 2021 P Esperanza

Vivela 2021 Esperanza

Vive tus Recuerdos 2004

Vivela 2021 Soledad

Vivela 2021 Caladiños

Vívela 2021. 75 Aniv Piedad

Vivela 2021 La Pasion

Vivela 2021 Santo Entierro

Vivela 2021 Procesión del Santo Entierro

Vívela 2021 Desenclavo

Vivela 2021 Sermón Siete Palabras

Vívela 2021 Encuentro 1992

Vívela 2021. Encuentro

Vivela 2021 Sentencia

Vivela 2021 Heraldos

Vivela 2021 Misericordia 2011

Vivela 2021 Misericordia

Vívela 2021 Prendimiento 2019

Vívela 2021 Prendimiento

Vivela 2021 Cena 2019

Vívela 2021 La Cena

Vivela 2021.Via Crucis H

Vive tus Recuerdos 2003.

Vívela 2021. Via Crucis M

Vivela 2021 Via Crucis Mujeres

Vive tus Recuerdos 2007

Vive Tus Recuerdos 2002

Vivela 2021. Francés

Vivela 2021.Borriquita

Vívela 2021 Ramos

Vívela 2021. Pregón

Vivela 2021 Expo Fotografica

Vivela 2021. Benéfico

Vívela 2021. Dolores

Adral 2021 Clausura

Adral 2021. Coro

Translate

Contacto

Para ponerte en contacto con nosotros, o para aportar tus ideas y sugerencias escríbenos:

websemanasantaviveiro@gmail.com

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com