Skip to content

--- Semana Santa Viveiro ---

Semana Santa Viveiro

Publicado 28/05/11 

CENA DE LA HERMANDAD DEL PRENDIMIENTO.

27/05/11 El progreso Viveiro

     La hermandad del Prendimiento de Viveiro, que preside José Veiga, reunió a un buen número de cofrades y amigos en la cena organizada en el restaurante Louzao, de Area. La velada contó con la animación de una orquesta, que hizo las delicias de los asistentes. La cofradía tiene un superávit de casi 6.000 euros, con los que ya prevén ampliar el paso de San Pedro de las Negaciones, y su junta directiva obtuvo el respaldo de los cofrades en la asamblea celebrada para la renovación de la misma.

 

http://elprogreso.galiciae.com/nova/91392.html

 

 

 Lo que ocurría en Viveiro hace hoy 50 años.

Publicado 26/05/11

   Hace hoy exactamente 50 años, en las calles de Viveiro se estaba celebrando el Día de los Niños, dentro del Programa del Congreso Eucarístico Comarcal. Pueden ver, en la parte derecha de la pagina, la totalidad de fotografías que se han expuesto en la conmemoración del 50 aniversario.

 

 

 

  

 

 

 

 
Imagineros.Os Mestres imaxineiros da Semana Santa de Viveiro

Publicado 25/05/11

Autor: Diana Rodríguez; Libro Pregón 2008

 No século XVIII establécese en Santiago de Compostela unha escola de escultores cuia obra, de xerme barroco, deriva cara ó rococó e ó neoclásico. Autores como Benito Silveira, Xosé Gambino ou Xosé Ferreiro terán unha fonda repercusión ó longo do tempo e serán eles os que marquen a traxectoria da nosa imaxinería.

  

Obradoiro establecido nos claustros de San Francisco de Viveiro no que traballaron José Otero Gorrita e oeu fillo Juan Luis. (Foto cedida por Belén Otero) 

    Dende finais do século XIX, prodúcese un apoxeo no eido da imaxinería religiosa e vaise xestando unha nova escola compostelana que se consolida a principios do século XX debido á gran demanda de imaxes e ás posibilidades que ofrecía a Escola deArtes e Oficios. 

    Deste xeito van xurdindo en Compostela numerosos obradoiros de imaxinería entre os que destaca o que Máximo Magariños tiña ubicado na Porta da Peña. Neste obradoiro traballaron varios escultores que fixeron imaxes para a Semana Santa de Viveiro,tal é o caso de José Rivas, Ángel Rodríguez ou José Otero. O mestre Magariños, sabedor de que as súas imaxes ían destinadas a exaltar a fe, a devoción e piedade popular, imprimía nelas un acentuado realismo e naturalismo. O seu talento refléxase no dinamismo das formas, a libre expresión dos sentimentos, a coidada policromía e o dominio das técnicas do encarnado e do estofado, factores que contribuiron a dotarás imaxes de veracidade e forza expresiva. 

    Moitos dos operarios que se formaran con Magariños establécense pola súa conta dirixindo os seus propios obradoiros e recibindo numerosos encargos para a Semana Santa de Viveiro e doutros pobos. A obra legada por estes mestres buscará chamar a atencióndo espectador por medio de diversos recursos expresivos como o dramatismo e o movemento, mantendo o naturalismo como pauta compositiva fundamental e o eclecticismo como base estilística. Os documentos herdados polas familias de imaxineiros, parroquias e confrarías de Viveiro revélannos o auxe adquirido polos obradoiros de imaxiñeríarelixiosa na primeira metade do século XX e sinálannos moitos obradoiros cos que o pobo mantivo algún tipo de contacto aínda que non chegara a contratar os seus servicios: Prados López Talleres de Escultura Religiosa en Granada, Esculturas Rafael Peris e Estudio de Escultura Religiosa Francisco Pablo ámbolos dous en Valencia, Grandes Talleres de Escultura Enrique Carballido, Talleres de Escultura Religiosa Manuel Aldrey e Talleres de Escultura Manuel Miranda, os tres en Santiago de Compostela,… Así mesmo taménchegou a nós a documentación referente a os obradoiros dos mestres que finalmente foron elexidos para executar as imaxes de Viveiro: Grandes Talleres de Escultura Religiosa José Rivas e Sociedad Rodríguez Puente Imaginería en Santiago de Compostela, TalleresArte Compostelano José Otero en Viveiro e Talleres de José Tena e Modesto Quilis en Valencia.  

Cartel dun dos obradoiros ó que se lle solicitou presuposto no ano 1944 para facer o paso da Piedade 

    Unha parte importante da imaxinería da Semana Santa de Viveiro carece da documentación precisa para poder cotexar os datos referentes á súa autoría, así de entre todo o repertorio viveirense formado por algo máis dunha trintena de pasos, contabilízanse un total de catorce pezas anónimas. Resulta evidente que entre estas pezas das que descoñecemos o autor se atopen algunhas das mais antigas como poden ser as que se sitúan cronolóxicamente entre os séculos XV e XVII: O Cristo da Vera Cruz, O Ecce Homo dos Franceses, O Cristo que Cae, O Cristo do Descendemento, Oración do Horto, O Nazareno dos de Fóra e O Ecce Homo da Misericordia. Do século XVIII en diante resulta máis doado dar cos artífices das imaxes, aíndaque se dan excepcións significatrivas en obras doXVIII como A Coroación de Espiñas e A Dolorosa da VOT, e do XX como A Dolorosa do Descendemento, A Dolorosa da parroquia de Santiago, O San Pedro do actodas Negacións, A Virxe da Purificación e O San Xoán do Encontro de Resurrección.  

    Sen embargo contamos con numerosos contratos, presupostos, correspondencia, bocetos e demais documentos que acreditan a autoría de outras moitas obras das que a gran maioría pertencen ao século XX, a excepción das realizadas por Juan Sarmiento a partir do último cuarto do século XVIII.  

 

OS IMAXINEIROS

Juan Sarmiento 

    Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero sábese que era un home natural do veciño porto de San Cibrao que faleceu no ano 1810. Na segunda metade do século XVIII traballa como artesán realizando na súa carpintería de ribeira pezas para barcos e todo tipo de traballos relacionados co oficio. Co tempo e dada a súa destreza para traballar a madeira,asiña recibe encargos para realizar imaxinería religiosa, creando unhas imaxes sempre dotadas de aire popular e arcaico e adolecendo de certa tosquedade.   

O Cristo do Descendemento, unha das pezas da imaxineríaanónima de Viveiro (Foto J. M. Moreno)  

Contrato da execución da imaxe da Piedade.José Rivas, 1944 

   

Contrato da execución da imaxe da Piedade.José Otero, 1944  

A Venerable Orde Terceira de Viveiro encárgalle no ano 1774 a imaxe da Verónica e no 1775 a de San Xoán, dúas pequenas imaxes de vestir que non chegan a alcanzar o metro e medio de alto. Xa no ano 1807 a mesma confraría decide encargarlle o paso da Santa Cea para a procesión do Xoves Santo. Respecto a este grupo escultórico, os terciarios reciben no mes de setembro as cabezas de Xesucristo, San Pedro, San Xoán, San Andrés, San Bartolomé e San Mateo, nas que aprecian lixeiros defectos que o escultor se ofrece a reparar. En decembro reciben as sete cabezas restantes do apostolado, acordando rechazara de Santiago el Mayor que _“hallaron defectuosa en notable parte”_, polo que a devolveron ó imaxineiro a _“fin de que formalice otra con arreglo al arte de su profesión”_. Este ano cúmprense douscentos anos da primeira saída da Santa Cea, un acontecemento que resultou moi polémico e estivo cheo de expectación posto que os rostros dos apóstolos estaban inspirados nos dos mariñeiros do porto de San Cibrao. 

 

 

José Tena e Modesto Quilis 

    O catálogo da escultura relixiosa destes imaxineiros valencianos circulou por todo o territorio español dende os albores do século XX. Este ano cómprese o centenario da súa obra, unha obra que aínda que chegada de terras lonxanas, soubo captar perfectamente o sentir relixioso das xentes do noso pobo de Viveiro. 

    Non existen demasiados datos a cerca da figura de José Tena, sen embargo debeu ser un escultor popular e demandado polo seu estilo en consonancia co gusto da época, pois a súa obra atópase espallada por diferentes lugares de España. 

   En Viveiro deixa o seu selo en varias imaxes realizadas durante o primeiro decenio do século XX: María Magdalena, doada por Esperanza Mosteiro Dopico, San Xoán, adquirida por suscripción, ou A Flaxelación, unha obra estreada no 1908 que representa a Cristo atado á columna, un tipo moi popularizado a partir do século XVII con escultores tanconsolidados como Gregorio Fernández. No ano 1908 a confraría do Santísimo Rosario sustitúe o seu antigo Cristo Xacente por outro que esculpe José Tena. O actual Cristo Xacente _un tipo establecido tamén polo escultor ascético místico por antonomasia Gregorio Fernández_ está dotado de gran realismo, pois dise que o seu autor antes deemprender a execución da obra fixera minuciosos estudos anatómicos nos cadáveres depositados no Hospital de Valencia.   

 A Verónica, a imaxe máis antiga de Sarmiento de maior tamaño que data de 1775 (Foto J. M. Moreno)     

 

O Cristo da Santa Cea, un paso que se estreou hai agora douscentos anos (Foto J. M. Moreno) 

     Modesto Quilis Castillo aparece rexistrado na segunda metade do século XIX como operario no obradoiro que dirixe en Valencia Damián Pastor y Mico, artista caracterizado por un estilo severamente neoclásico froito dos seus estudos dos grandes mestresen Roma. A obra de Quilis dilúe a línea do seu mestre cos influxos eclécticos típicos do momento. No ano 1903, xa consolidado como mestre imaxineiro, esculpe as imaxes do altar maior da igrexa de San Cristóbal de Valencia, cidade na que dirixe un obradoiro integrado por varios operarios entre os que destaca o escultor Luís Marco Pérez. 

   No ano 1908 realiza unha obra que contribúe a enaltecer a colección artística da confraría do Santísimo Rosario, trátase de María ó pé da Cruz, una escultura na que Quilis deixa patente o seu dominio das técnicas da policromía, especialmente a do estofado.Esta imaxe, de expresión dulce e melancólica, válese da beleza idealizada e da serenidade clásica para transmitir un profundo sentimento de sufrimiento contido. 

    Sobre a Virxe da Soidade da confraría do Santísimo Rosario, existen na actualidade diversas hipóteses, atribuindo unhas a autoría da peza a Modesto Quilis e outras a José Rivas. Ante estas conxecturas pendentes de confirmación e dada a dificultade de atopar as fontes axeitadas para unha correcta catalogación, atopámonos cun campo aberto a futuras investigacións. De calquera maneira a Virxe da Soidade é unha fermosa imaxe de vestir cuio rostro transmite unha fonda amargura que non logra atenuar a beleza dos seus delicados rasgos. Actualmente luce un rico atuendo confeccionado en terciopelo negro e fío de prata polas monxas Clarisas de Monforte.

José Rivas Rodríguez (1885-1950). 

    Estudia na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e traballa nos obradoiros de Máximo Magariños e Ramón Núñez. No ano 1909 establécese pola súa conta en Santiago, onde dirixe un obradoiro no que chegan a traballar máis de cincuenta operarios, conseguindo algún deles postos destacados no mundo da arte da imaxinería: Manuel Aldrey, José Otero, Ángel Rodríguez, José Puente,… No ano 1936 traslada o seu obradoiro á rúa de Ensinanza, onde actualmente se mantén dirixido polos seus fillos. Na Exposición Universal de Santiago concédeselle o premio do Rey pola sua obra tituladaHuyendo del Peligro.  

Detalle do Cristo Xacente esculpido por José Tena en Valencia. (Foto J. M. Moreno)  

A fermosa imaxe de María ó pé da Cruz, obra do valenciano Modesto Quilis. (Foto J. M. Moreno) 

    É o escultor que realiza máis imaxes para a Semana Santa de Viveiro, iniciando unha intensa actividade que arranca no ano 1944 e se prolonga ata o ano do seu falecemento. O primeiro encargo que recibe, no ano 1944, ven da man da confraría doSantísimo Cristo da Piedade, que tras solicitar presupostos a diferentes obradoiros espallados por todo o territorio finalmente decide encargarlle a Rivas o seu paso titular. A Piedade _inspirada na Pietá de Giacomo Dupré_ foi tallada en madeira de cedro e costou9.000 pesetas aboadas en tres prazos como era costume na época.  

   Un ano máis tarde, no 1945, realiza O Cristo da Agonía, San Juan, María e Magdalena, catro imaxes que forman parte do Calvario, grupo escultórico da Irmandade das Sete Palabras. No ano 1946, despois de barallar os nomes de diferentes candidatos para dar forma ao paso do Prendemento _ entre os  que se atopaban Prados López de Granada e Francisco Pablo de Valencia_ decídese que sexa o proxecto presentado por Rivas o que se faga realidade. Deste xeito fíxose un paso formado por catro figuras a tamaño natural en madeira de ciprés cuio custo ascendeu a 11.000 pesetas. No ano 1947 os viveirenses volvenrequerir do seu quefacer artístico para traballar no grupo escultórico da Entrada Ttriunfal de Xesús en Xerusalén, coñecido popularmente como A Borriquiña. Finalmente no 1950, estréase a última escultura coa firma de Rivas, unha pequena peza titulada O Ecce Homo ou Cristo da Cana, destinada a sustituir o antigo Ecce Homo dos Franceses, que naqueles intres se atopaba moi deteriorado para saír en procesión.   

O paso do Prendemento realizado polo mestreRivas no 1946. (Foto J. M. Moreno) 

Ángel Rodríguez Moure (1900-1996) e José Puente Otero (1912-1955).

    A vida profesional destes escultores transcorre arraigada á tradicción imaxineira da escola compostelana. Ángel Rodríguez traballa nun primeiro momento co pintor Juan Luís para logo pasar como operario a formar parte do destacado obradoiro de Máximo Magariños, onde se forma como escultor. Anos máis tarde, despois de ter colaborado no obradoiro de José Rivas, establece unha sociedade con José Puente na rúa de Azibechería de Santiago de Compostela. José Puente, antes de establecerse con Ángel Rodríguez, recibe a súa forrmación inicial de mans do mestre José Rivas, o mesmo que formara ao que había de ser o seu socio. A súa prometedora carreira profesional vese truncada por un desgraciado accidente que lle costaría a vida.   

     

 Os ladróns Dimas e Xestas no paso do Calvario. (Foto J. M. Moreno)        

 

    Para a Semana Santa de Viveiro realiza a Sociedad Rodríguez Puente Imaginería, dúas das impoñentes imaxes que integran o grupo do Calvario: Dimas e Xestas, os dous ladróns crucificados xunto a Xesucristo. A mediados do século XX, José Puente encárgase de esculpir con axuda de Ángel Rodríguez e o fillo deste último, Jorge Rodríguez, as figuras dos catro anxos que portan os atributos da paixón e custodian o solemne paso do Santo Enterro de Viveiro. 

    A obra destes artistas_ ao igual que a maior parte da súa xeración_ caracterízase por conter un marcado eclecticismo q se inspira principalmente na obra dos mestres Gambino e Ferreiro. 

El Calvario a hombros   

José Otero Gorrita (1889-1969) e Juan Luís Otero Fdez. (1932-2001). 

    José Otero Gorrita é un artista compostelano cuia formación se desenvolve no obradoiro do escultor Máximo Magariños e, máis tarde, no de José Rivas. A principios do século XX encárgase da execución do altar da igrexa do mosteiro de Valdeflores de Viveiro, circunstancia que motiva que fixe a súa residencia nesta vila da mariña lucense. No 1930 establece o seu obradoiro no claustro do convento de San Francisco, lugar onde realiza numerosas tallas e decora as imaxes que dende Santiago envía o seu colega José Rivas.  

    Confíaselle a decoración de pasos como María ó pé da Cruz ou O Santo Enterro. Foi moi apreciada a súa labor no eido da talla das andas dos pasos, así por exemplo foi o encargado de facer no ano 1944 as andas para A Piedade, unha excelente obra en madeira de castiñeiro pola que a confraría do Santísimo Cristo da Piedade pagou 4.000 pesetas. 

Os anxos portadores dos atributos da paixón no paso do Santo Enterro. (Foto J. M. Moreno) 

    Asimesmo executa, no ano 1953, o altar onde se ubica o paso titular de dita confraría, na igrexa parroquial de Santiago. Xunto a este artista fórmase o seu gran discípulo, o seu fillo Juan Luís Otero, o único escultor nado en Viveiro de todos cantos realizan imaxes para a Semana Santa viveirense. Juan Luís aprende asiña o oficio e non tarda en colaborar co seu pai en diversos traballos de decoración de imaxes e na talla de moitas das andas sobre as que se asentan os pasos. Será no ano 1965 cando afronte un dos seus primeiros traballosdestacados no ámbito da imaxinería relixiosa, pois nesta etapa de xuventude amosa o seu temperamento e tenacidade realizando o rostro de Xesucristo no paso do Cristo que Cae, conservándose o primitivo almacén da Venerable Orde Terceira. No 1977 esculpe o anxo que acompaña a Xesucristo no paso da Oración do Horto, unha imaxe que sustitúe a outrapequena peza máis antiga e que toma como modelo a do paso do mesmo nome realizado polo mestre da escola murciana Francisco Salcillo. Co tempo e a experiencia faise co dominio da técnica da restauración e encárgase de restaurar varias das antigas imaxes de Viveiro. Así pois no ano 1994 restaura as dúas imaxes coas que contamos no pobo do Cristo Xacente e no 1996 acomete a restauración íntegra do paso do Santo Enterro.      

 

Detalle das andas que Otero realiza para o paso da Piedade. (Foto J. M. Moreno)  

Leopoldo Rodríguez Rocha (1952).  

    Este escultor, natural de Santiago de Compostela, é o encargado de executar as últimas imaxes adquiridas para a Semana Santa de Viveiro. No ano 2005 realiza O Cristo Resucitado e no 2006 A Nosa Señora do Camiño da Luz, dúas imaxes destinadas a participar na nova procesión do Vía Lucis organizada pola Irmandade das Sete Palabras. A impronta da tradición maniféstase no traballo de imaxinería religiosa que este escultor leva a cabo. É neto de Ángel Rodríguez Moure, artista que formara xunto a José Puente Otero a Sociedad Rodríguez Puente Imaginería de Santiago de Compostela. A súa formación inicial corre a cargo do seu avó, quen lle revela os secretos necesarios para alcanzaro dominio das técnicas de policromía e de restauración, sen embargo Leopoldo declárase autodidacta no ámbito que atañe á fase de execución ou talla das imaxes. Actualmente ten establecido o seu obradoiro na compostelana rúa do Rosario.  

A cabeza que Juan Luis Otero esculpe para sustituir a da antiga imaxe do Cristo que Cae. (Foto J. M. Moreno)  

O Cristo Resucitado que este ano sairá acompañado polas tres últimas imaxes realizadas por Leopoldo Rodríguez para a Irmandade das Sete Palabras. (Foto J. M. Moreno)   

    Este ano 2008 rematou a figura dun anxo, que xunto ás imaxes dos dous romanos que esculpeu no 2007, contribuirá a enxalzar ao seu Cristo Resucitado, facéndose cargo deste xeito da creación íntegra dun novo grupo escultórico composto de catro imaxes disposto a enriquecer o repertorio dos pasos procesionais da Semana Santa de Viveiro.

 

 
Renovación de la Directiva y Cena del Prendimiento

 Publicado 25/05/11

Pulicado en la La Voz de Galicia 24/05/11 

El Prendimiento

   Desde la Hermandad de El Prendimiento nos comunican que en la última asamblea se renovó la junta directiva de la Hermandad: el hermano mayor es José Veiga; vicehermano mayor, Andrés Basanta; secretario, José Miguel Soto; tesorero, Vicente Timiraos; vicesecretaria, Mariña Gueimunde; vocales, Juan Jernández, Benigno Golpe, Bernardo Fernández, Lorenzo Veiga, Darío Paz, José Manuel Pena, Marco Suárez y José Manuel Paleo. Además, decir que la cena de confraternidad de la Hermandad el pasado fin de semana congregó a un centenar de cofrades y fue una jornada de celebración.

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/05/24/0003_201105X24C16991.htm

 
Imagineros.Modesto Quilis, el primer maestro de Marco Pérez

Articulo publicado el 24/05/11

Este artículo se ha publicado en la revista de Semana Santa de Cuenca La Clariná, que trata de Modesto Quilis, escultor con obra en nuestra imagineria. 

Autor: J. J. Domínguez

   Los teóricos de la Historia del Arte se dividen entre los que sostienen que la biografía de un artista se vuelca en su obra y los que defienden que creación y vida pueden tener caminos totalmente diferentes y que una no tiene por qué influir en la otra. Los partidarios de la primera tesis encontrarían un argumento a su favor en Modesto Quilis Castillo (1870-1928), el escultor valenciano en cuyo taller comenzó a aprender el oficio Luis Marco Pérez (1896-1983), el imaginero que más obras aporta a la Semana Santa de Cuenca. 

    Cuando el de Fuentelespino de Moya contaba con doce años, su familia se trasladó a Vivir a Valencia. La tierra de Ribalta y Ribera era también por aquellos inicios del siglo XX una de las grandes capitales europeas del arte. Un hervidero de creatividad y talento. Su ilustre hijo Joaquín Sorolla se consagraba exponiendo en Nueva York mientras que un joven Mariano Benlliure daba forma a algunas de sus más famosas esculturas. 

   Marco Pérez entró en el obrador de Quilis siguiendo la tradición gremial española del aprendiz que se inicia desde las tareas más básicas y va escalando en responsabilidades y grados progresivamente. Hasta entonces su experiencia se reducía a pequeños ensayos autodidactas: con su talento natural había elaborado pequeños pasos infantiles para sus amigos de su puebloserrano.                       

   El taller en el que se inició era por aquel entonces uno de los más célebres y prolíficos de la capital del Túria. Eran numerosos los encargos que llegaban. Principalmente de las iglesias y conventos valencianos pero también de otras zonas del país como Aragón, Galicia y Castilla. Para sacar el trabajo adelante el 'maestro' se servía de la ayuda de sus empleados y discípulos. Uno de ellos que también alcanzó notable fama fue PíoMollar. Consiguió varias medallas en exposiciones internacionales y a él se deben pasos como la venerada 'Virgen del Rocío' de Málaga o 'El Prendimiento' burgalés. También hizo una Virgen de los Pastores para la localidad conquense de Villarejo de Fuentes. 

   En 1908 Quilis ya se había labrado un nombre y un prestigio. Su biografía artística guarda muchos paralelismos con la Marco Pérez. También se inició como aprendiz en un taller, en este caso en el de los hermanos Modesto y Damián Pastor. Un taller dedicado principalmente a la confección de cabezas para imágenes religiosas y que acreditó un estilo severamente neoclásico. Como años después iba a hacer su discípulo conquense, Quilis también viajó en su juventud hasta Italia para impregnarse del genio de los renacentistas y del arte romano y griego. 

   Tras la presentación de sus primeras obras (como una Virgen de Gracia) es incluido en el selectivo 'Diccionario de Artistas Valencianos', en el que se le califica como “joven escultor de muchas esperanzas”. Esperanzas que se verían luego plasmadas en un buen número de obras como las imágenes de la Purísima y San Ildefonso que le encargó el cardenal Guidasola para sus palacios en Madrid y Toledo; la talla del Corazón de María para la iglesia de Játiva o una Santa Beatriz de Silva de la localidad canaria de Guarachico. Algunas de sus creaciones no escaparon de la orgía iconoclasta que se produjo durante la Guerra Civil en la zona bajo administración republicanas. Fue lo que ocurrió con el admirado Ángel Custodio del Convento de San Cristóbal de Valencia, que pereció entre las llamas.  

   Su producción semanasantera se concentra principalmente en la localidad oscense de Jaca, para la que talló varios grupos interesantes la Última Cena (1909), El Descendimiento (1913), La Entrada de Jesús en Jerusalén y la Oración en el Huerto ambos en 1914. En 1930, dos años después de su fallecimiento, su taller entregaría “La Verónica”. Para la Semana Santa de Viveiro (Lugo) realizó el paso de María al Pie de la Cruz. Quilis fue también profesor de la Escuela de la Real Academia de Bellas Artes de San Carlos de Valencia, prestigioso centro del que fueron alumnos el propio Luis Marco Pérez, José Capuz y Octavio Vicent. También se implicó en las grandes iniciativas culturales de su época: formo parte del grupo que puso en marcha el todavía activo Círculo de Bellas Artes valenciano e integró alguna de sus primeras directivas. 

   Una personalidad notable y puntera de la escultura religiosa de su época de la que el autor de 'La Soledad del Puente' o el 'Cristillo de las Misericordias' tomaría sus primeras referencias para configurar su propio estilo. Un estilo heredero de la tradición pero muy personal en el que, tal como ha afirmado el profesor Pedro Miguel Íbañez, se conjuntan en armonía la estética castellana y la levantina._

 
<< Inicio < Prev 461 462 463 464 465 466 467 468 469 470 Próximo > Fin >>

Página 462 de 508

CARTEL 2024

Libro de Actos 2024

Libro Pregón 2024

Pregon 2024

Semana Santa Nenos 2024

Actos Liturgicos 2024

Adral 2024

Adral 2024. Las huellas nunca borradas

Adral 2024 Renata y Leopoldo Valeivan

El Sentimiento de un Pueblo

SSV 2023 Viernes de Dolores

SSV 2023 Caladiños

SSV 2023 Via Crucis Hombres

SSV 2023 El Encuentro

SSV 2023 Santo Entierro

SSV 2023 La Cena

SSV 2023 Esperanza

SSV 2023 Viacrucis Mujeres

SSV 2023 Resurreccion

SSV 2023 La Borriquita

SSV 2023 Misericordia

SSV 2023 La Pasión

SSV 2023 Via Lucis

SSV 2023.Desenclavo

SSV 2023 El Frances

SSV 2023. Prendimiento

Historia dunha Paixon

Antesala dun Museo

Visitas Antesala 2021

Vivela 2021 P Via Lucis

Vivela 2021 Via Lucis

Vivela 2021 Encuentro Resur.

Vivela 2021 Resurreccion

Vivela 2021 P Esperanza

Vivela 2021 Esperanza

Vive tus Recuerdos 2004

Vivela 2021 Soledad

Vivela 2021 Caladiños

Vívela 2021. 75 Aniv Piedad

Vivela 2021 La Pasion

Vivela 2021 Santo Entierro

Vivela 2021 Procesión del Santo Entierro

Vívela 2021 Desenclavo

Vivela 2021 Sermón Siete Palabras

Vívela 2021 Encuentro 1992

Vívela 2021. Encuentro

Vivela 2021 Sentencia

Vivela 2021 Heraldos

Vivela 2021 Misericordia 2011

Vivela 2021 Misericordia

Vívela 2021 Prendimiento 2019

Vívela 2021 Prendimiento

Vivela 2021 Cena 2019

Vívela 2021 La Cena

Vivela 2021.Via Crucis H

Vive tus Recuerdos 2003.

Vívela 2021. Via Crucis M

Vivela 2021 Via Crucis Mujeres

Vive tus Recuerdos 2007

Vive Tus Recuerdos 2002

Vivela 2021. Francés

Vivela 2021.Borriquita

Vívela 2021 Ramos

Vívela 2021. Pregón

Vivela 2021 Expo Fotografica

Vivela 2021. Benéfico

Vívela 2021. Dolores

Adral 2021 Clausura

Adral 2021. Coro

Translate

Contacto

Para ponerte en contacto con nosotros, o para aportar tus ideas y sugerencias escríbenos:

websemanasantaviveiro@gmail.com

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com