Skip to content

--- Semana Santa Viveiro ---

Inicio

 

Adral. Viernes  9 de Marzo

SOL EN CUARTA
 
 
 
  Sol en Cuarta é un novo sexteto de clarinetes formado ao abeiro do Conservatorio de Música de Viveiro. Nace pola inquietude dos seus membros de poder desenrrolar o amplio repertorio existente para este tipo de formacións e así dar a coñecer á xente de Viveiro as grandes posibilidades musicais de este fermoso instrumento, así como pola propia intención de divertirse tocando xuntos. Os seus componentes, de idades comprendidas entre os 22 e os 43 anos, son dous profesores do Conservatorio: Juan Carlos García e Roi Martínez, acompañados por  Javier Franco , Santiago Noriega, Carlos Timiraos e Sara Otero.

 O repertorio do sexteto é moi variado. Dende pezas de compositores clásicos coma Mozart, Mendelssohn ou Beethoven, pasando por estándares do swing de Gershwin ou Scott Joplin, por famosos temas latinos (La Copa ou Moliendo Café), ata composicións de grupos actuais coma Mecano.
 

 

PROGRAMA

• Aragonesa – Georges Bizet

• Libertango – Astor Piazzola

• Beaver Creek – Richard Porter

• Bagatelle – Clare Grundman

• Gopak – M. P. Mussorgsky

• Spirit Freilach – Klezmer

• Ugrós Tánc – Ferenc Farkas

• The Entertainer – Scott Joplin

• The Favorite – Scott Joplin

• The Easy Winners – Scott Joplin

• Somebody Loves Me – George Gershwin

• Liza – George Gershwin

• Summertime – George Gershwin

• La Copa – Gordon Lewin

 Fiesta Cubana – Gordon Lewin

• Tango – Colin Cowles

• El Compadre Merengue – Tradicional