Skip to content

--- Semana Santa Viveiro ---

Semana Santa Viveiro

Publicado 1/1/15

Belen de la Parroquia de San Esteban de O Vicedo

 

Publicado 1/1/15

Belén de  la Parroquia de San Juan de Covas

 

Publicado 1/1/15

Belén de la Parroquia de San Román do Val

 

22/12/13 y 25/12/14

Belenes 2014. Misterio del Belen del Convento de las Concepcionistas de Viveiro

BON NADAL

 

Publicado 09/12/14

PREGON DE NADAL 2014

San Estevo do Vicedo

Xose Román Escourido Basanta

Chovia onte a noite ao mesmo tempo que no o peirao as gaivotas voaban buscando alimento necesario para non perecer. Timidamente a lua miraba o seu reflexo no espello do mar que bicaba as pedras que cheiraban a peixe fresco e, alo o fondo, acompañando o zoar do vento, parecían apreciarse os cantos dos monxes da Coelleira, do mosteiro de San Miguel de Quonicularia, que defendían nos camiños os peregrinos.

Seguin camiñando como perdido na noite, Xilloi durmia entre areas de branco cristal que a lua facia destacar e, entre tanto, parecía que “o paisano” bulia tratando de esconder, para protexer, o cadro de San Estevo.

Tamen as augas do Sor, paseniñamente decendian e arroupaban a illa de San Martiño, coma unha oración no medio da noite, en lembranza das monxas Benitas que, no pasado, ali fixeron historia.

Todos estes sentementos fixeronme pensar sobor da vida e da historia que foron marcando en tempos pasados as xentes deste pobo de O Vicedo.

Como outros pobos da mariña, O Vicedo foi medrando en infraestructuras, en novos proxectos, pensando en dar melloras a todos e cada un dos seus veciños.

As suas tradicions, aferradas na cultura dun pobo mariñeiro, marcan sen pausa a sua historia.

Entre todos os logros acadados por medio do esforzo das suas xentes esta o proxecto que escomezou no ano 2004: O belen instalado na igrexa parroquial.

Compre dicir que eramos un reducido grupo de persoas que, con moita imaxinacion, voamos a terras de Belen onde había xa 2000 anos tivera lugar a Encarnacion de Deus no medio dos mais pobres e humildes para comunicarnos a mensaxe na que El mostraba preocupación sobre os nosos problemas, sobor das nosas ilusions, e para indicarnos como vivir a Salvación.

¿Pero para que representar esa historia de amor a humanidade?: Sinxelamente, compre dicir que para que descubramos que co esforzo e co cariño podemos comunicar os veciños do Vicedo,  unha das maiores e inmensamente grandiosa historia de amor.

Foron días adicados. Infinidade de horas gastadas con moita xenerosidade. Cando de supeto se acenderon as luces e a vida das figuriñas bulia quedamos impresionados e cheos de ledicia:  diante de nos atopabanse as casiñas co lume aceso que animaba a achegarse a el para escapar do frio do inverno. Estaban tamen os campos dispostos a dar alimento a todo o gando variopinto;  o mercado onde parecía que aquelas xentes mantiñan conversas entre elas, entre froitas e outras mercadurias. Alo o fondo do portal de belen, o sorriso e humildade de Maria, a tenrura de San Xose, a paz do neno que durmia e os anxiños un tanto despistados sostidos por unha tanza que daba voltas e reviravoltas.

Namentres todo isto tiña lugar, estaba tamen Herodes no seu Castelo, dando ordes os soldados de manterse vixiantes e sen descanso, porque cando un esta sometido o medo, non se sinte seguro nin libre.

¿Pero, cómo esquencerse das faenas do mar nun pobo mariñeiro? Por suposto estaban tamen ali as lanchiñas xunto cos seus donos e tamen os peixiños que brincaban de gozo ante tal acontecemento.

Tiñan lugar, como non,  os traballos artesanais de sempre reflexados neste fermoso belen de O Vicedo.

¡Ah, Si! Escoitabamos tamen unha mensaxe onde se nos lembraba como foi este acontecemento do belen de Xudea.

Foron pasando os anos e no 2009 tivo lugar outro evento que ten que ver con esta iniciativa que acabo de contarvos: O pregon que cada ano se organiza con motivo da inauguración do Belen.

Por esa razón estou eu aquí, para desexarvos que non perdades nunca de celebrar cada ano o Nadal nesta vosa parroquia do xeito que o estades a facer.

Eu quero que vos sirva de meditación todo este esforzo que continúan facendo estes entusiasmados organizadores.

Mirade: Nadal e tempo favorable para descrubrir a bondade das persoas. E un tempo para sentir a necesidade que temos de compartir os valores que o mesmo Neno de Belen, Xesus Cristo nos transmite: E un tempo para medrar no amor.

O Nadal esta repleto de luceciñas que se apagan e se encenden.

Quixera de todo corazón que este ano, endexamais se apagasen as luces da solidaridade,  as luces do perdón e da misericordia, as luces da paz para que alumen as familias que se atopen enfrontadas ou contrariadas, as luces da compasión, as luces da tolerancia…

Desexo de igual xeito que non se apaguen as luces da arbore da vida:  as da compaña os velliños que viven en soidade, as do apoio os homes e mulleres que sofren o drama do desemprego, as luces que protexan as pesoas maltratadas, aos nenos faltos de cariño, aos enfermos que buscan a esperanza da curación…

Desexo tamen que se apaguen as luces dos misiles que alumean en distintas partes do mundo, entre elas, a terra de Xesus e que no seu lugar apareza de novo a estrela dos Reis como guia. Que se apaguen as luces da corrupción, da desfeita de tanta xente sen traballo e dos carros de comida tirada nos contenedores do lixo.

Invitovos a que neste Nadal, en cada fogar,  se instale un Belen de compromiso de cada un de vos,  coas imaxes tenras da Sagrada Familia, acompañadas por figuras de xente sinxela que nos lembren que somos refrexo de cada unha delas, do mesmo xeito que elas levan agasallos o neno Xesus. Poñamos o lado do belen os presentes cos que poidamos agasallar os mais necesitados: Non vos esquenzades que en Caritas tamen e Nadal.

Amigos: O pobo que camiñaba nas tebras veu unha gran Luz.

 

¡Feliz e solidario nadal 2014!

 
<< Inicio < Prev 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 Próximo > Fin >>

Página 135 de 503

CARTEL 2025

Canal Youtube

Adral 2025-Programa

Libro de Actos 2024

Libro Pregón 2024

Pregon 2024

Semana Santa Nenos 2024

Actos Liturgicos 2024

Adral 2024. Las huellas nunca borradas

Adral 2024 Renata y Leopoldo Valeivan

El Sentimiento de un Pueblo

SSV 2023 Viernes de Dolores

SSV 2023 Caladiños

SSV 2023 Via Crucis Hombres

SSV 2023 El Encuentro

SSV 2023 La Cena

SSV 2023 Santo Entierro

SSV 2023 Esperanza

SSV 2023 Viacrucis Mujeres

SSV 2023 Resurreccion

SSV 2023 La Borriquita

SSV 2023 Misericordia

SSV 2023 La Pasión

SSV 2023 Via Lucis

SSV 2023.Desenclavo

SSV 2023 El Frances

SSV 2023. Prendimiento

Historia dunha Paixon

Antesala dun Museo

Visitas Antesala 2021

Vivela 2021 P Via Lucis

Vivela 2021 Via Lucis

Vivela 2021 Encuentro Resur.

Vivela 2021 Resurreccion

Vivela 2021 P Esperanza

Vivela 2021 Esperanza

Vive tus Recuerdos 2004

Vivela 2021 Soledad

Vivela 2021 Caladiños

Vívela 2021. 75 Aniv Piedad

Vivela 2021 La Pasion

Vivela 2021 Santo Entierro

Vivela 2021 Procesión del Santo Entierro

Vívela 2021 Desenclavo

Vivela 2021 Sermón Siete Palabras

Vívela 2021 Encuentro 1992

Vívela 2021. Encuentro

Vivela 2021 Sentencia

Vivela 2021 Heraldos

Vivela 2021 Misericordia 2011

Vivela 2021 Misericordia

Vívela 2021 Prendimiento 2019

Vívela 2021 Prendimiento

Vivela 2021 Cena 2019

Vívela 2021 La Cena

Contacto

Para ponerte en contacto con nosotros, o para aportar tus ideas y sugerencias escríbenos:

websemanasantaviveiro@gmail.com

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com