Viveiro 13/03/21
A ALCALDESA DE VIVEIRO E O PRESIDENTE DA XUNTA DE COFRADÍAS ANUNCIAN UN PROGRAMA PARA MANTER VIVA A TRADICIÓN DA SEMANA SANTA RESPECTANDO OS PROTOCOLOS COVID
----Non haberá procesións na rúa para evitar as aglomeracións, pero si cultos nas igrexas, exposicións e actividades virtuais.
Viveiro, 12 de marzo de 2021. A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, e o presidente da Xunta de Cofradías da Semana Santa, José Veiga, anuncian un programa de actos consensuado para manter viva a tradición desta celebración respectando os protocolos e recomendacións Covid-19.
Debido á situación epidemiolóxica e tendo en conta as restricións existentes, non haberá procesións na rúa para evitar as aglomeracións, pero o Concello e a Xunta de Confradías acordaron a conveniencia de celebrar diferentes actividades que comezarán o venres 19, coa presentación do cartel da Semana Santa de Viveiro 2021.
“É unha mágoa e somos conscientes ademais das consecuencias económicas para a hostalaría, comercio e o turismo, e dos cofrades e colaboradores na Semans Santa, pero a pandemia impide unha celebración tradicional; o que queremos é manter viva a esencia e o espíritu desta celebracion declarada de Interese Turístico Internacional, co desexo de que a Semana Santa de 2022 podamos xa vivila con normalidade”, asegura a alcaldesa de Viveiro, que agradece “a colaboración da Xunta de Cofradías que representa ás sete Cofradias e Irmandades e unha Fraternidade que albegan a 3.500 cofrades”.
Do 20 de marzo ao 4 de abril, Viveiro celebrará a Semana Santa Virtual ‘Vívela’, con concertos, conferencias e a de proxección de procesións doutros anos e reportaxes en Youtube e nas redes sociais. O venres 26 chegará a quenda da presentación do Libro Programa Pregón, que se edita desde 1947.
Ademáis, en colaboración co centro comercial do casco histórico se ambientarán os locais con motivos de Semana Santa e a praza Maior acollerá unha exposición de fotografías da Semana Santa de Toño Goas.
Ampliase por outra parte a exposición permanente do Claustro de San Francisco cunha colección de fotografías da Semana Santa desde principios do século XX, haberá un programa de cultos nos templos da unidade pastoral e unha conferencia preparatoria para a Semana Santa a cargo do administrador diocesano Antonio José Valín Valdes.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro |