Skip to content

--- Semana Santa Viveiro ---

Semana Santa Viveiro

 

 

 

Pregoeiro 2023 .Emilio Xosé Ínsua


Viveiro, 1967.

Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Antón Villar Ponte. Vida, obra, traxectoria cívica e pensamento. Profesor catedrático de Lingua e Literatura no IES A Basella (Vilanova de Arousa).

Co-autor de varios manuais e libros de texto. Pertenceu durante algún tempo aos consellos de redacción de Cerna (ADEGA), Aulas Libres (STEG) e Revista Galega de Educación (Nova Escola Galega). Coordinador desde 2017 da revista Nova Ardentía editada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial-Culturmar.

Ten achegado traballos a revistas de divulgación ou especializadas como A Trabe de Ouro, Anuario Galego de Estudos Teatrais, Aunios, Boletín da Real Academia Galega, Casahamlet, Cenfollas, Escrita Contemporánea, Grial, Llengua i Dret, Murguía, Tempos Novos, Terra e Tempo, O Umia etc. Mantivo durante algún tempo a sección “Letras do Salnés” nun suplemento cultural do Faro de Vigo (edición Arousa) e publicou colaboracións cos semanarios A Nosa Terra, A Peneira, Sermos Galiza, co Nós Diario e cos dixitais Galicia Digital, Praza Pública e Galicia Confidencial.

En tempos pertenceu como activista a entidades como a Mesa pola Normalización, Pro Lingua, a AELG e o Seminario de Estudos Terra de Viveiro, das que acabou finalmente desvinculándose en distintos intres por razóns diversas. Na actualidade é socio do Grupo Etnográfico Mascato, da Asociación Amig@s de Fefiñáns, do Museo do Pobo Galego e da Casa Rosalía de Castro.

Mantén na rede o blogue “A ínsua do Ínsua”, escribe acotío sobre temas de historia local no Heraldo de Vivero, achegou algúns traballos á revista Pregón da Semana Santa viveirense e ten colaborado en diversas ocasións coas actividades e publicacións de entidades como o Grupo de Estudios del Exilio Literario (GEXEL), a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, o Instituto de Estudos Chairegos, o Instituto de Estudos Miñoranos, o Instituto de Estudos Agrarios “Mártires de Sobredo”, a A.C. Ergueitos de Sarria, a A.C. O Facho da Coruña, a A.C. O Galo de Compostela, a Asociación de Amig@s de Fefiñáns e o Ateneo de Compostela.

Obtivo diversos premios de ensaio e investigación, como un accésit no Irmandiños de Moeche (1996), por un estudo sobre o xornal Galicia da Irmandade de Ferrol; o Ramón Piñeiro de Ensaio Breve (2004), polo traballo Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue; o Ánxel Fole (2002 e 2009), por traballos sobre o primeiro Antón Villar Ponte e a pintora Maruja Mallo, respectivamente, en colaboración con Carlos Nuevo; o Ramón Baltar Feijoo da Fundación Rosalía de Castro en 2018, ex aequo, pola súa monografía A Nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades (1916-1931) e, finalmente, o Premio da Gala do Libro Galego 2019 na categoría de investigación co volume Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, escrito en colaboración con Xurxo Martínez González. Tamén foi distinguido co premio Ramón Cabanillas (2011) polas librarías de Cambados.

Como poeta, participou na editora “Letras de Cal”, é colaborador asiduo da revista Xistral, de Lugo, e publicou en Espiral Maior Devalar das esperas (1995) e Acontece ás veces a ternura (2005), este último distinguido co premio de poesía Prados Ledesma do Concello de Viveiro.

Prologou, así mesmo, os volumes Cantos da seiva (2002), de Xesús Pereiras; De acuarelas por Viveiro (2016), do artista vilalbés Eduardo Baamonde; O corpo en extinción (2018), de Xosé Mª Vila Ribadomar; José María e Manuel Riguera Montero. Dous irmáns emigrantes das montañas de Ourol e Muras (2019), de José Manuel López Chao e Guillermo Jorge Riguera e Das viaxes maiúsculas (2019), do poeta Domingo Tabuyo. Fixo parte do xurado en premios literarios como o “Fiz Vergara Vilariño” (Sarria, 2001), o “Prados Ledesma” (Viveiro, 2004) e o “Minerva” (Santiago, 2012), de poesía, e o “Blanco Amor” de novela longa (Burela, 2009).

Impulsa desde 2016 a “Biblioteca Emilio Antonio Ínsua García de Estudos Viveirenses”, en homenaxe a seu pai e na que saíron polo momento dous volumes: O escritor viveirense Xoán Pla Zubiri (1874-1936) (2017) e O poeta viveirense Luis Sipos Magniac (1845-1879) (2022). Ten feito igualmente a edición da poesía inédita e dispersa de Antonio Prados Ledesma (Pasar sencillamente con un verso en los labios) e de varias pezas teatrais de Antón Villar Ponte. Rescatou no seu día a obra inédita de Alfredo García Dóriga Lex Dei. Poema de historia sagrada, editada pola Xunta de Confrarías da Semana Santa con ilustracións de David Catá. Tamén é autor do ensaio Encadramento e singularidade de Nicomedes Pastor Díaz na literatura galega do seu tempo (RAG, 2013).

É editor, con Francisco Fernández Rei, dos volumes Farol perpetuo na néboa. Luís Rei e a cultura marítima (Culturmar, 2020) e mais Luís Rei. Basiliana. Materiais para unha biografía de Basilio Álvarez que ficou inconclusa (Lobisome, 2022).

A historia do teatro galego antes do 36 é un dos campos do seu interese investigador, con artigos como

- “O teatro das Irmandades”, publicado na Historia da Literatura Galega editada por fascículos a partir de 1996 pola AS-PG e Eds. A Nosa Terra;

- “Contexto, peripecia e contido de dúas pezas menores do teatro de Antón Villar Ponte: A pobriña que está xorda e A festa da malla”, publicado no Anuario Galego de Estudos Teatrais (2000: 45-102);

- “O teatro galego desde a estrea de A fonte do xuramento ao fatídico 1936”, no volume Cento vintecinco anos de teatro en galego. 1882-2007 (Ed. Galaxia, 2007: 67-80);

- o traballo, orixinariamente composto en galego, “El estreno de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Peripecia compositiva, puesta en escena, recepción crítica y fortuna posterior”, recollido no volume do GEXEL El teatro gallego en el exilio republicano de 1939 (2015: 33-94), que coordinaron Inmaculada López Silva e Euloxio R. Ruibal;

- “Os coros galegos e as Irmandades da Fala”, no volume Son de Galicia. Os coros galegos (Consello da Cultura Galega, 2019: 63-81), coordinado por Luís Costa e Inmaculada López Silva

- De re theatralis no boletín Nós”, dentro do volume Cadernos Ramón Piñeiro (XLII). Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor (Xunta de Galicia, CIRP, 2020, pp. 191-214).

Destacada é, igualmente, a súa presenza como especialista na historia das Irmandades da Fala en volumes colectivos, con traballos como

- “Antón Villar Ponte”, en Xornalistas con opinión. 20 biografías (Galaxia, 2007);

- “O Cabanillas irmandiño”, en Arredor das Irmandades da Fala. Pensamento, política e poética en Galicia (1914-1931) (Eds. Xerais, 2016);

- “Perfil republicanista do fundador das Irmandades da Fala” (Terra e Tempo, núm. 173-174, 2016: 6-15);

- “Antón Villar Ponte (1881-1936): un guieiro xeneroso e esforzado”, no volume No tempo das Irmandades: fala, escrita, prelos (RAG, 2017: 331-350);

- “A travesía do deserto das Irmandades da Fala baixo a ditadura primorriverista”, no volume Repensar Galicia: as Irmandades da Fala (Museo do Pobo Galego, 2017: 343-358);

- “Galiza, República, Lingua, Esquerda: esteos ideolóxicos e perfís cívico-políticos do labor prometeico de Antón Vilar Ponte”, no volume As Irmandades da Fala, cen anos despois (UdC, 2016: 35-57);

- “Lois Tobío no galeguismo de preguerra”, no volume Lois Tobío. Galeguista, tradutor e xornalista (Consello da Cultura Galega, 2020);

- “Os incómodos perfís de Lois Peña Novo no devir das Irmandades da Fala” (Caderno de Estudos Chairegos, Vilalba, nº 10, 2020);

- “Algunhas notas sobre a traxectoria da Irmandade da Fala ferrolá, con especial referencia á editorial Céltiga”, no volume de Carmen Pérez Pais e Carmen Porta Losada (coords.) Ferrol, os libros e as bibliotecas (Concello de Ferrol, 2020, pp. 149-171);

- “Catálogo da editorial Nós: libros para unha “Patria libre e culta” (Grial, Vigo, nº 228, 2020, pp. 30-43)

- “A pegada de Cuba nas Irmandades da Fala” (no volume As Irmandades da Fala no seu tempo. Perspectivas cruzadas, de Ramón Villares & Núñez Seixas (coords.), Consello da Cultura Galega, 2021, pp. 399-440).

Entre os seus libros de investigación e monografías destacan:

O primeiro Antón Villar Ponte (2003), con Carlos Nuevo.

Sobre ‘O Mariscal’ de Cabanillas e Villar Ponte (Universidade da Coruña, 2005).

Antón Villar Ponte e a Academia Galega (Eds. do Cumio, 2006).

Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo) (Seminario de Estudos Terra de Viveiro, 2010).

Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal (2010), con Carlos Nuevo.

A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931) (Ed. Baía, 2016).

Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte (Eds. Xerais, 2017), con Xurxo Martínez.

 

Xosé María Díaz Castro, poeta en formación (Eds. Laiovento, 2017).

 

 

Domingo de Resurreccion

 

 

Video Semana Santa 2022

Autor: Pablo Cid Gómez

 
<< Inicio < Prev 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Próximo > Fin >>

Página 30 de 509

CARTEL 2024

Libro de Actos 2024

Libro Pregón 2024

Pregon 2024

Semana Santa Nenos 2024

Actos Liturgicos 2024

Adral 2024

Adral 2024. Sar Ensemble

Adral 2024. Las huellas nunca borradas

Adral 2024 Renata y Leopoldo Valeivan

El Sentimiento de un Pueblo

SSV 2023 Viernes de Dolores

SSV 2023 Caladiños

SSV 2023 Via Crucis Hombres

SSV 2023 El Encuentro

SSV 2023 La Cena

SSV 2023 Santo Entierro

SSV 2023 Esperanza

SSV 2023 Viacrucis Mujeres

SSV 2023 Resurreccion

SSV 2023 La Borriquita

SSV 2023 Misericordia

SSV 2023 La Pasión

SSV 2023 Via Lucis

SSV 2023.Desenclavo

SSV 2023 El Frances

SSV 2023. Prendimiento

Historia dunha Paixon

Antesala dun Museo

Visitas Antesala 2021

Vivela 2021 P Via Lucis

Vivela 2021 Via Lucis

Vivela 2021 Encuentro Resur.

Vivela 2021 Resurreccion

Vivela 2021 P Esperanza

Vivela 2021 Esperanza

Vive tus Recuerdos 2004

Vivela 2021 Soledad

Vivela 2021 Caladiños

Vívela 2021. 75 Aniv Piedad

Vivela 2021 La Pasion

Vivela 2021 Santo Entierro

Vivela 2021 Procesión del Santo Entierro

Vívela 2021 Desenclavo

Vivela 2021 Sermón Siete Palabras

Vívela 2021 Encuentro 1992

Vívela 2021. Encuentro

Vivela 2021 Sentencia

Vivela 2021 Heraldos

Vivela 2021 Misericordia 2011

Vivela 2021 Misericordia

Vívela 2021 Prendimiento 2019

Vívela 2021 Prendimiento

Vivela 2021 Cena 2019

Vívela 2021 La Cena

Vivela 2021.Via Crucis H

Vive tus Recuerdos 2003.

Vívela 2021. Via Crucis M

Vivela 2021 Via Crucis Mujeres

Vive tus Recuerdos 2007

Vive Tus Recuerdos 2002

Vivela 2021. Francés

Vivela 2021.Borriquita

Vívela 2021 Ramos

Vívela 2021. Pregón

Vivela 2021 Expo Fotografica

Vivela 2021. Benéfico

Vívela 2021. Dolores

Adral 2021 Clausura

Translate

Contacto

Para ponerte en contacto con nosotros, o para aportar tus ideas y sugerencias escríbenos:

websemanasantaviveiro@gmail.com

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com