Pregón 1983 |
![]() |
![]() |
Noite de Venres Santo nas fenestras de Viveiro
aberta riba o río, nos soloucos do mar. Nas praias do méu pobo de Viveiro. chora estrelas a lúa no luar.
nas bandexas da noite, acougas en sueiros luarentos agardando. Cecáis, aos náufragos da morte, ou ás nenas e soles da mañá.
teño nos ollos medo das lembranzas de tempos e de furnas para atráis.
¿Qué son Eu? ¿Un anaco dos mortos? ¿E despóis?
Lúa osenta dos ceos, camposanto Pendurando na noite do Nisán. (2) Ti ben viches a Cristo no séu pranto, e fuches a farola trapalleira de Xudas o Treidor.
núa campa sin mortos; es tambor do luar xordo-mudo na morte do Señor. Pandeireta argalleira dos poetas. Cando romate o Mundo ¿qué serás? Finará o Sol i-o Mar, habrá pra Historia só goma de borrar. Méu Pobo, méu Viveiro, ergueito riba o río i areal, non esquezas o laio do Nisán. Pois si coido no Mundo pasaxeiro, e remexo soñando encol da Cruz, sin Deus non vexo estrelas, nin namoros, nin siquera da Morte nos olliños
|