Nuevo Concierto dentro ADRAL Imprimir

           Este coro nace no outono de 2006 cando pola inquedanza, tanto do Decano D. Eloy Artime e coma dos membros da Xunta Colexial, Dª. Marica Adrio e Dª. Mª José Moral, surxe a idea de por en marcha dentro do Colexio de Avogados un coro polifónico mixto que permita a todos os colexiados e a aqueles que sintan gusto pola música vocal de facer unha laboura formativa e de lecer.             

           Naquel primeiro momento decídese dentro do seno do coro que o actual director D. Alberto Currás, poida facerse cargo do mesmo, ao ser ademáis de Avogado, músico.

           Durante este breve espacio vital o Coro xa interpretou diversos concertos tanto en actos colexiais (Xuras de novos colexiados, Festividade de San Raimundo, inauguración do curso da Escola de Práctica Xurídica Teucro Iuris), como en diversos actos culturáis: Concertos de Panxoliñas na Igrexa da Peregrina de Pontevedra e no Convento de Clarisas de Tui e Pontevedra; Actuación na inauguración dos cursos académicos da UNED; Actuación na festividade da Nª Sra. da Merced no Centro Penitenciario de A Lama, entre outros. 

         No Nadal do ano 2009 gran parte dos seus integrantes participaron no coro mixto formado para interpretar a Sinfonía nº 9 de L. V. Beethoven no 25 aniversario da Orquestra Clásica de Vigo. 

No outono de 2010 o coro participou na Romería Coral Galega celebrada en Santiago de Compostela con motivo do Ano Santo Xacobeo 2010.

           O repertorio que o coro utiliza para os seus concertos é variado, indo dende a música renacentista ata a música dos nosos días, incluindo temática folclorica galega e doutros países (Francia, Italia, Grecia, etc.). 

PROGRAMA 

1.     TE DEUM GUARANÍ……………….....……….…E. Morricone 

2.     AVE MARÍA GUARANÍ…..…………………...…E. Morricone 

3.     BOGORODITSE DEVO (De Vísperas OP. 37) …Sergei Rachmaninov 

4.     IN STILLER NACHT…………………......Johannes Brahms 

5.     GO TELL IT ON THE MOUNTAIN (Spiritual)……..…Trad. USA.

6.     THE LION SLEEPS TONIGHT…………Robert Joh (Arr. J. Domínguez) 

7.     HYMNE Á LA NUIT…………….…………………J.P. Rameau 

8.     TERRA MEIGA (Foliada galega)…. …………F. A. Rey Rivero 

9.     VELAÍ VAI (Cantiga Tradicional de Galicia)...…Arm. F. A. Rey Rivero 

http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/04/09/0003_201104X9C2995.htm